Galicia ferve de recursos turísticos que achegan os niveis de seguridade e desfrute esixido: destinos que achegan medio ambiente, deporte, lecer e cultura e que son a antítese da masificación. Un exemplo disto é a iniciativa O Camiño dos Faros, que, en palabras dos seus impulsores, é “un dos nosos principais recursos aos que agarrarse neste verán-COVID”. O programa de roteiros xunta entre outras cousas “facilidades para gardar a distancia de seguridade” e camiñadas ao aire libre que son, nunca mellor dito, un sopro de aire fresco logo de meses de confinamento. Isto reflíctese no importante éxito de visitas experimentado pola páxina web de O Camiño dos Faros.
Segundo fan saber os seus impulsores, dende o 1 de xullo ao 20 de agosto o sitio en liña do proxecto non parou de recibir visitas: máis de 66.000 usuarios e un total dun millón de páxinas servidas ao longo do devandito período de tempo.
Este seguimento e esta participaron foron posibles grazas aos esforzos dos integrantes da Asociación O Camiño dos Faros e do apoio mostrado polos nove concellos da Costa da Morte (dende Malpica ata Fisterra) por onde pasan os roteiros, que traballaron arreo para acondicionar os camiños para que camiñantes (trasnos) de todos os recantos de España e máis do estranxeiro gozaran ao máximo da aventura que propón a experiencia, “respectando á poboación local e cumprindo con todas as normas sanitarias”.
O Camiño dos Faros consegue 1 millón de visitas en 50 días
Compartir Este Artigo

