Nas últimas semanas o cantante Miguel Bosé conseguiu captar grande atención polas súas polémicas mensaxes sobre a COVID-19, promovendo posturas negacionistas que poderían considerarse un perigo para a saúde pública, de aí que chegasen a suspender durante unha semana a súa conta de Twitter e de etiquetar algún dos seus vídeos en Facebook e Instagram por incluír falsidades.
Finalmente non se sabe se o propio artista tirou a toalla ou foron as plataformas sociais as que decidiron deixar de tolerar as reiteradas infraccións das súas normas, e dende onte as tres redes sociais de Miguel Bosé non están dispoñibles.
Lembremos que ao longo do verán Bosé promoveu teorías da conspiración relacionando ao coronavirus coa 5G, acusou a Bill Gates da pandemia, difundiu mensaxes contra o uso de máscaras e instou á xente a acudir a unha mobilización contra o uso de máscaras á que el mesmo non acudiu, para despois recoñecer que el utilizaba máscara porque pertence a un grupo de risco. Unha postura claramente paradoxal, que só contribúe a desinformar sobre unha temática tan sensible como a pandemia, polo que a súa ausencia na Rede supón un ben para a sociedade, que só botarán en falta os que vían o que estaba a acontecer dun xeito humorístico.
Miguel Bosé desaparece das redes sociais
Compartir Este Artigo
