Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: 15.000 alumnos de 3º e 4º da ESO beneficiaranse dos contidos dixitais de E-Dixgal
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

15.000 alumnos de 3º e 4º da ESO beneficiaranse dos contidos dixitais de E-Dixgal

Redacción
Publicado: 01/09/2020
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

98211210_3070133513054408_1155174433996931072_n.jpgA Xunta de Galicia mantén unha firme aposta pola transformación dixital da Educación, na que continúa avanzando coa extensión dos contidos dixitais para os cursos de 3º e 4º da ESO. Con este obxectivo a AMTEGA vén de licitar un contrato que permitirá dispoñer de contidos dixitais de dous provedores distintos por cada materia de destes cursos.
Cun importe de 600.000 euros por dous anos, prorrogables outros dous, o contrato beneficiará a preto de 15.000 alumnos duns 130 centros E-Dixgal que imparten 3º e 4º da ESO a partir do segundo semestre do novo curso, que será cando estean dispoñibles estes contidos.
Tamén está previsto incrementar os contidos innovadores Dixit, unha das últimas liñas da iniciativa do libro dixital, que facilita aos docentes a creación de contidos empregando tecnoloxías disruptivas en colaboración con empresas tecnolóxicas. Actualmente, estase a traballar en contidos das materias de Matemáticas, Bioloxía e Xeología, Xeografía, Ciencias Sociais, Física e Química e Idiomas.
A todo o anterior súmanse os contidos do Repositorio Abalar, que xa ofrecen máis de 3.500 recursos en 7 idiomas dispoñibles para alumnos e profesores.

34.000 alumnos con libro dixital o vindeiro curso

e-dixgal_20180918_092155.jpgNeste curso 2020-2021 serán xa 34.000 os alumnos que estudarán con libro dixital e 470 os centros integrados na iniciativa E-Dixgal para o que se investirán 5,3 millóns de euros, en equipamento, tanto para aulas de Primaria e da ESO como para as de Formación Profesional e en contidos dixitais, gratuítos para as familias.
Con esta previsión a Administración autonómica continúa a avanzar na transformación dixital das aulas, un obxectivo que se marcou en 2010 coa posta en marcha da iniciativa Abalar, na que se levan investidos 100 millóns de euros en equipamento, mellora de infraestruturas, contidos dixitais e implantación de novos servizos e canles de comunicación online. Desde a súa posta en marcha Abalar completou a dixitalización de 6.000 aulas de 900 centros, beneficiando a máis de 120.000 alumnos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?