A plataforma pontevedresa #PonteLovers vai organizar a partir das 21.30 horas, un webinar destinado a formar ás pequenas e medianas da cidade sobre o emprego e utilidades do novo portal de comercio online de Pontevedra, o portal E-Ponte.com. O seminario web, o primeiro dunha serie deles que o departamento que dirixe a Concellería de Promoción Económica, ten previsto desenvolver coincidindo co lanzamento da tenda online pontevedresa, poderase seguir en streaming.
En paralelo a estas formacións online, #PonteLovers tamén puxo en funcionamento o correo electrónico soporte@e-ponte.com, que permitirá acompañar ás empresas no correcto rexistro e solicitar citas virtuais de luns a sábado en horario de 9:00 a 23:00 horas.
Tal e como lembra a concelleira Yoya Blanco, ao portal E-Ponte.com é “unha ferramenta orientada a achegar os negocios á cidadanía, polo que resulta esencial que as empresas finalicen o rexistro dos seus datos, produtos e servizos para que estes poidan ser visualizados a golpe de clic”. A idea de dar forma a este sitio web, engadiu, xurdiu durante o confinamento, “como parte do noso proxecto para reactivar e dinamizar a economía do municipio”, e porase totalmente en funcionamento para o público nos vindeiros días. Trátase dunha solución tecnolóxica que permite dixitalizar o catálogo de produtos e servizos dos empresarios pontevedreses baixo un único dominio, www.e-ponte.com. Arestora xa hai máis de 80 pemes de distintos sectores rexistradas.
A plataforma do ecommerce de Pontevedra mostra as súas posibilidades nun webinar
Compartir Este Artigo

