Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Até 40 rapaces participan nos campamentos tecnolóxicos Digitalia que se celebran en Gandarío
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Até 40 rapaces participan nos campamentos tecnolóxicos Digitalia que se celebran en Gandarío

Redacción
Publicado: 01/09/2020
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

techkids_cpeig-2.jpgUn total de 40 rapaces e rapazas de entre 13 e 14 anos están a participar esta semana nos campamentos tecnolóxicos Digitalia, unha das actividades da campaña de verán 2020 da Xunta, que leva por nome O verán que necesitas. Desde o pasado día 30 e ata o vindeiro 6 de setembro o Albergue Xuvenil de Gandarío dá acubillo (un ano máis) a este campamento cuxo programa de actividades encamíñase a facilitar habilitades dixitais e diversión para as novas xeracións.
Digitalia ofrece tres actividades tecnolóxicas: o videomaping, na que os rapaces aprenderán a compoñer vídeos e crear as súas propias animacións; manexo de drons, que lles permitirá adquirir os coñecementos necesarios para crear, controlar e voar drons; e robótica, que lles achegará aos principios tecnolóxicos para a construción, funcionamento e control de robots sinxelos.
Ademais desta formación sobre o mundo dixital, os participantes poderán desfrutar con outro tipo de actividades de ocio e lecer na praia e no mar como a vela, kaiak, snorkel ou paddle surf, entre outras.
Esta iniciativa está enmarcada no Plan de Talento Dixital de Galicia, DigiTalent 2020, impulsado pola Xunta, que pretende por unha banda poñer en valor as capacidades e empregos dixitais e, pola outra, estimular o talento precoz no ámbito TIC e fomentar o atractivo das profesións científico-tecnolóxicas entre a poboación máis nova.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?