Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CCG activa un proxecto web para difundir as artes visuais galegas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CCG activa un proxecto web para difundir as artes visuais galegas

Redacción
Publicado: 02/09/2020
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

ccg_na_voz_da_obra_portada.jpgO Consello da Cultura Galega (CCG) puxo en marcha un proxecto web para difundir as artes visuais galegas, un catálogo de creadoras e creadores entre os que figuran nomes tan senlleiros como Mónica Alonso, Xoán Anleo, Manuel Sendón ou Tatiana Medal así como personalidades de diferentes ámbitos que ofrecen unha lectura sobre esas obras. Estes son os ingredientes de Na voz da obra, unha nova iniciativa online que arrinca este mércores 2 de setembro coa ollada de Celso Fernández Sanmartín sobre a peza A memoria do álbum. 1 de Manuel Sendón (A Coruña, 1951).
O proxecto, antecedentes
En xuño cumpríronse dez anos da presentación do proxecto Atalaia, Arte Contemporánea en Galicia, un arquivo virtual de artistas actuais de Galicia, impulsado polo CCG desde a Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas. A iniciativa nacía co obxectivo de ofrecer ao público un achegamento informativo e o máis global posible do contexto das artes visuais en Galicia. “Atalaia”, segundo informou o consello da cultura, “é unha base de datos, un directorio e un centro de recursos para coñecer aos artistas, as obras, os eventos, as publicacións e as entidades vinculadas á arte contemporánea en Galicia”.
Sobre este material abrolla agora Na voz da obra, que pretende poñer en valor este arquivo visual desde a relectura doutra mirada allea.
Cada mércores, unha persoa convidada escollerá unha obra da base de Atalaia e fará un comentario sobre ela dende a ollada crítica do audiovisual, a estética, a poesía, a música, a ciencia ou a filosofía. “Deste xeito, a voz dialogará coa obra nun xogo de experiencia sensorial múltiple arredor dunha obra de arte da man dunha figura de diferentes áreas”, engade o CCG.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?