Telefónica fixo reconto dos labores despregados en Os Blancos para dotar o concello ourensán con máis cobertura de Fibra Óptica Até o Fogar (FTTH polas súas siglas en inglés). Os equipamentos saldáronse coa incorporación á zona de cobertura de 580 vivendas e empresas, o que supón, segundo datos da operadora móbil, unha zona de influencia que abrangue o 45% do municipio. As novas unidades inmobiliarias en cobertura sitúanse nos seguintes núcleos de poboación: Aguís, Aspra, Fonte Arcada, Loreses, O Mosteiro, Os Blancos, O Outeiro, Ouvigo, Covelas, Vilar, Cerdeira e Nocedo.
A posta en cobertura destes fogares, que xa foi comunicada ao rexedor do municipio, José Manuel Castro, significa que aqueles poderán gozar da fibra óptica de Movistar, que ofrece voz con alta calidade nas chamadas e máxima velocidade de conexión a Internet en varios dispositivos (computador, tableta, móbil) de xeito simultáneo e sen reducir velocidade de conexión, entre outras vantaxes. Ademais, engade a operadora no seu balance, “se os usuario dispoñen de Movistar+ terán acceso a canles de alta definición e poderán gozar dos seus contidos mentres navegan por Internet”. Igualmente conseguirán a máxima velocidade e resposta nos xogos en rede.
O despregue nos novos fogares que entran agora en cobertura está impulsado polo Ministerio de Economía a través do Plan Nacional de Extensión de Banda Ancha de Nova Xeración – PEBANG. Telefónica continúa así coa súa política de colaboración público-privada para situar a Galicia “á vangarda en infraestruturas de telecomunicacións de última xeración”. A finais de 2019, o 40% da poboación da provincia de Ourense contaba con cobertura de fibra óptica (FTTH) de Movistar, o que supuxo un total de 107.298 vivendas e negocios e un 23,78% máis que no exercicio anterior.
O plan de Movistar é que na provincia de Ourense entren este ano en cobertura outras 47.574, tamén en núcleos dispersos e orograficamente complexos, aumentando en máis dun 44,34% a poboación da provincia que poderá gozar da fibra óptica de Telefónica.
Movistar achega cobertura de banda larga ao 46% do concello de Os Blancos
Compartir Este Artigo

