As asociacións de consumidores levan anos denunciando que moitas empresas abusan das liñas telefónicas co prefixo 902 para os servizos de atención ao cliente, de xeito que cando un usuario ten problemas ten que facer fronte a cargos telefónicos abusivos, xa que estas liñas son de tarificación adicional e non están incluídos nos plans de voz contratados (á vez que chegan a ter prezos esaxeradamente elevados).
Ante esta situación, o ministro de Consumo, Alberto Garzón, anunciou que «os números con prefixo 902 e outros semellantes quedarán prohibidos para a atención ao cliente», para o que veñen de iniciar unha tramitación que rematará cun abuso ao que as empresas someten aos consumidores cando queren facer uso dos seus dereitos.
A actual conxuntura tivo un importante peso na adopción desta media, xa que ante as restricións de aforo, mobilidade e presencialidade os servizos de atención telefónica son cada vez máis empregado, o que está a supor un serio prexuízo para as familias, que vén incrementada a súa factura telefónica simplemente por querer arranxar un problema do que non son responsables.
Para conseguir a prohibición dos números de tarificación adicional para servizos de atención ao cliente iniciarase un procedemento de consulta pública, estando esta reforma lexislativa sustentada nunha sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea de 2017 na que estiman ilegal que unha chamada a un servizo postvenda custe máis que unha chamada ordinaria.
Lembremos que os números 902 naceron como una solución que buscaba ofrecer chamadas a un prezo superior ao dunha chamada provincial, pero inferior ao dunha chamada nacional, pero finalmente converteuse nun negocio para o receptor das chamadas, que incluso tería incentivos para ofrecer un mal servizo de atención (xa que xeraría máis ingresos). Unha vez xeneralizadas as tarifas planas de voz tanto en liñas fixas como en móbiles a existencia dunha numeración que non estea incluída nas tarifas contratadas é todo un problema, xa que supón un cargo extraordinario que os consumidores non debería soportar.
Consumo prohibirá as liñas 902 para os servizos de atención ao cliente
Compartir Este Artigo
