Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Compostela Monumental porá a disposición dos negocios un marketplace e unha nova web
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Compostela Monumental porá a disposición dos negocios un marketplace e unha nova web

Redacción
Publicado: 08/09/2020
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

santiago_marketplace_presentacion.jpgA Asociación Compostela Monumental vai pór en marcha “de xeito inmediato” varias iniciativas de carácter tecnolóxico para contribuír á recuperación económica dos comercios e da hostalería da cidade de Compostela. Farao favorecendo a venda online de todo tipo de produtos dos negocios situados no centro histórico mediante un marketplace específico. A maiores, habilitarse un escaparate virtual dos negocios participantes por medio da nova web da asociación.
En palabras de José Ángel Blanco, xerente de Compostela Monumental, “o noso obxectivo é que a curto e medio prazo todo o tecido comercial e empresarial da zona formen parte deste espazo de ecommerce. Analizamos o mercado e consideramos que esta é a mellor opción para os comerciantes nestes momentos tan difíciles para o sector”.
A xestión, dixo, correrá a cargo dunha empresa especialista en comercio electrónico e mercadotecnia dixital, tanto de carácter local como estatal, e que, segundo informou, “ofrece unhas condicións moi vantaxosas para os participantes”.
Os integrantes desta plataforma de venda online contarán coas seguintes prestacións e condicións:
– Cada comercio disporá dun marketplace con capacidade para crear ata 300 artigos e/ou servizos.
– FlahsPromo. Tres artigos e/ou servizos á semana.
– Promocións de cinco artigos e/ou servizos á semana.
Por outra banda, Compostela Monumental lembra que ao abeiro desta iniciativa formarase de xeito individual a cada comercio no uso, manexo e xestión dos seus produtos na tenda online, e contarán cun departamento destinado a solucionar problemas e dúbidas que estará a enteira disposición do empresario.
Os interesados en formar parte do proxecto do marketplace compostelán poden comunicalo ao correo electrónico cca@compostelamonumental.es cos datos do interesado e teléfonos de contacto.
Nova web
Compostela Monumental tamén contará en breve cunha nova web da asociación, na que poderán poderán contar cun espazo de mercadotecnia e promoción todos os negocios do centro histórico de Santiago. Para aqueles que xa dispoñen dunha web de venda online, poríaselle unha ligazón á mesma. Por outra banda, quen só desexe subir imaxes e información do seu negocio, pode facelo sen opción de venda en liña. “A nova web de Compostela Monumental e todo o que a rodea”, engade o xerente da entidade, “é posible grazas a un proxecto que presentamos e que foi aprobado polo Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, para a Dixitalización do Comercio Galego”. Blanco lembra que a súa materialización tamén foi unha realidade grazas ao apoio do Concello de Santiago, por medio do seu Departamento de Comercio, “que colabora nesta iniciativa na que Compostela Monumental achega unha parte económica cos seus recursos”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?