Representantes do Centro de Investigación TIC da Universidade da Coruña (CITIC) reuníronse este martes 8 de setembro con membros da Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas (FEGEREC) co obxectivo de establecer as condicións para un convenio marco de colaboración entre ambas as entidades e con vistas a impulsar a dixitalización dos traballos levados a cabo pola federación e os seus servizos de atención a usuarios.
Na reunión presentáronse as capacidades e ámbitos de actuación de ambas as entidades. Estiveron presentes, por parte do CITIC, o director, Manuel F. González Penedo; o subdirector, Javier Pereira; o responsable de Transferencia Tecnolóxica e Innovación, Manuel Bustabad; e a investigadora da área de Intelixencia Artificial, Thais Pousada. Por parte da FEGEREC asistiron a directora sociosanitaria, Carmen López; a traballadora social, Patricia Rodríguez; e a responsable da área de Comunicación Externa e Deseño, Lida Sánchez.
Esta acción enmárcase no obxectivo do CITIC de fomentar a transferencia tecnolóxica á sociedade e de potenciar o uso do TIC por todos os colectivos da sociedade atendendo á súa diversidade.
A Federación Galega de Enfermidades Raras contará con innovación tecnolóxica do CITIC
Compartir Este Artigo

