A Fundación FEUGA vai celebrar o vindeiro mes, entre o 19 e o 22 de outubro, un curso-webinar sobre sistemas intelixentes ao servizo dos negocios e do comercio electrónico. Trátase da actividade Robotic Process Automation e Intelixencia Artificial en compras (PDF), que botará luz, ante os asistentes, sobre os beneficios de aplicar tecnoloxías de comprensión, aprendizaxe e análise para incrementar a marxe de beneficio das empresas.
Segundo informa FEUGA acerca dos retos que afronta este curso, nos vindeiros cinco anos a función de compras vaise transformar radicalmente grazas ao uso da Intelixencia Artificial, en boa medida grazas a uns custes de integración “extraordinariamente competitivos” en relación ao beneficio ofrecido. Neste punto entran en xogo metodoloxías como o uso da Robotic Process Automation, a Intelixencia Artificial ou o Machine Learning que son os que centran en boa medida a cerna deste curso de FEUGA, que lembra algúns dos beneficios que achegan estas tecnoloxías:
· Reducir os tempos de resposta para cubrir as necesidades de compras nas nosas empresas.
· Axudar en tempo real aos usuarios de compras (chat bots).
· Liberar de tarefas de pouco valor engadido ao equipo de compras.
· Mellorar xestión das compras incrementado os aforros.
O curso terá unha duración de seis horas e será impartido, en formato webinar, por Francisco Lobo Duro. O importe será de 250 euros.
A Intelixencia Artificial ao servizo das compras nas empresas, ao detalle nun curso de FEUGA
Compartir Este Artigo

