Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Consello de Ministros aproba a Lei que regulará o teletraballo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Consello de Ministros aproba a Lei que regulará o teletraballo

Redacción
Publicado: 22/09/2020
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

traballo_a_distancia_eihdsf3xkam5vwb.jpgConsello de Ministros deu hoxe luz verde á Real Decreto Lei que regulará o traballo a distancia, unha norma froito do acordo do diálogo social que persegue normalizar unha forma de organización do traballo cuxo protagonismo se revelou esencial durante a crise económica e social provocada pola pandemia da COVID-19. O Real Decreto Lei outorga ás persoas traballadoras a distancia os mesmos dereitos que as que exercen as súas actividades nos locais da empresa e fundaméntase na voluntariedade e o acordo de persoas traballadoras e persoas empregadoras.
Entenderase como traballo a distancia regular aquel que se preste, nun período de referencia de tres meses, un mínimo do 30% da xornada ou a porcentaxe proporcional equivalente en función da duración do contrato de traballo.
traballo_a_distancia_noticia1.jpgA ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, que compareceu xunto á ministra portavoz e ministra de Facenda, María Jesús Montero e o ministro de Sanidade, Salvador Illa, tras as sesión ordinaria do Consello de Ministros, detallou os aspectos principais do novo Real Decreto Lei, co que, dixo, «inauguramos a lexislación laboral do século XXI, que imos empezar a despregar desde o Ministerio de Traballo».
O Real Decreto Lei baséase na voluntariedade para a persoa traballadora e para a empregadora e requirirá a sinatura do acordo de traballo a distancia, que deberá formalizarse por escrito, rexistrarse na oficina de emprego e entregarse á representación legal das persoas traballadoras.
A negativa da persoa traballadora a traballar a distancia, o exercicio da reversibilidade ao traballo presencial e as dificultades para o desenvolvemento adecuado da actividade laboral a distancia, que estean exclusivamente relacionadas co cambio dunha prestación presencial a outra que inclúa traballo a distancia, non serán causas xustificativas da extinción da relación laboral nin da modificación substancial das condicións de traballo.
Ao longo da norma, o papel da negociación colectiva refórzase, con remisións expresas tan importantes como a regulación do exercicio da reversibilidade (volta ao traballo presencial tras acordar o traballo a distancia) polas partes, o dereito á desconexión, a identificación dos postos de traballo e funcións susceptibles de ser realizados a través do traballo a distancia, as condicións de acceso e desenvolvemento da actividade laboral mediante este modelo organizativo, unha duración máxima do traballo a distancia, así como contidos adicionais no acordo de traballo a distancia.
medios_eihdtb3xcaekg_7.jpgO texto do Real Decreto Lei contempla os principais dereitos da traballadora e do traballador a distancia, tales como o dereito ao abono e compensación de gastos. A persoa traballadora non asumirá ningún gasto relacionado cos equipos, ferramentas, medios e consumibles vinculados ao desenvolvemento da súa actividade laboral. Ademais, a persoa que desenvolve traballo a distancia poderá flexibilizar o horario de prestación de servizos nos termos establecidos no acordo de traballo a distancia e a negociación colectiva. O traballo a distancia, implantado excepcionalmente pola emerxencia sanitaria, tamén obriga ás empresas para dotar de medios, equipos e ferramentas, así como ao mantemento. A negociación colectiva establecerá a forma de compensación dos gastos derivados desta forma de traballo a distancia.
Regúlase, así mesmo, o dereito ao rexistro horario adecuado, que deberá incluír o momento de inicio e finalización da xornada; e o dereito á prevención de riscos laborais, unha avaliación de riscos que deberá ter en conta os riscos característicos desta modalidade de traballo, en especial factores psicosociais, ergonómicos e organizativos.
desconexion_eihdu__xcaabyee.jpgA utilización dos medios telemáticos e o control da prestación laboral mediante dispositivos automáticos garantirá dereito á intimidade e á protección de datos, así como o dereito á desconexión dixital fose do seu horario de traballo.
A lei non será de aplicación ao persoal laboral ao servizo das Administracións Públicas, que se rexerá pola súa normativa específica. Ata que se aprobe esa normativa específica, manterase en vigor para o persoal laboral ao servizo das Administracións Públicas o previsto polo artigo 13 do Estatuto dos Traballadores.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?