Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta achegará 55.000 equipos para facilitar a educación non presencial ou semipresencial
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta achegará 55.000 equipos para facilitar a educación non presencial ou semipresencial

Redacción
Publicado: 24/09/2020
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20200924_feijoo.jpgAlberto Núñez Feijóo avanzou hoxe, na rolda de prensa do Consello da Xunta, o reforzo da actividade educativa cun plan de educación non presencial e semipresencial, que permitirá aos alumnos contar, ao longo do curso, con 55.000 dispositivos dixitais. O presidente da Xunta salientou que «estamos a falar dun plan para afrontar coas máximas garantías a educación non presencial e semipresencial e estar preparados para calquera situación que obrigue a suspender a educación presencial, como: supostos de corentenas no caso de contactos estreitos ou supostos de illamentos no caso de positivos», incidindo en que a semipresencialidade está prevista só para alumnos de Bacharelato e FP; mentres que os supostos de non presencialidade se producirán no caso de corentena ou illamento, e se estenderían así tamén para o resto do sistema educativo.
O plan está estruturado en catro grandes eixes de actuación, con medidas dirixidas ao alumnado, ao profesorado, aos centros e ás familias.
No caso do alumnado, reiterou que a primeira acción pasará pola dotación de dispositivos dixitais, co obxectivo de contar cun total de 55.000 dispositivos electrónicos: 20.000 para prestar ao alumnado con máis necesidades económicas, mentres que os restantes corresponden aos participantes no programa de libro dixital E-Dixgal.
Para acadar este fin, investiranse 5,3 millóns de euros en equipamento dentro da iniciativa E-Dixgal, cos que se adquirirán os 10.000 novos equipos necesarios para a ampliación do programa este curso: 8.000 para alumnado e 2.000 para profesorado. Deste xeito, un total de 34.000 alumnos disporán de ordenadores dentro do E-Dixgal.
Ademais, subliñou que o Consello deu luz verde á sinatura dun convenio de 8,5 millóns de euros para cofinanciar co Goberno central a adquisición de 17.000 portátiles, aos que se sumarán outros máis de 3.000 portátiles que achegará a Xunta: 1.000 de maneira inmediata e outros 2.000 que estarán listos ao longo deste primeiro trimestre.
Por outra banda, e no apartado dos contidos, resaltou que o plan inclúe orientacións sobre o estudo e aprendizaxe semipresencial e non presencial, con estratexias de organización. E estenderanse ademais os contidos dixitais para os cursos de 3º e 4º da ESO.
En relación ao eixe dirixido ao profesorado, este centrarase sobre todo na formación, coa elaboración dun plan de formación sobre as aulas virtuais nos centros, así como a posta a disposición da comunidade educativa dun Banco de recursos educativos, para facilitar a semipresencialidade. Ademais de intensificarse o uso da plataforma do libro dixital -que pasou dunha media de 1 millón de accesos a 2,3 millóns- e o servizo de videoconferencia.
No que atinxe aos centros, Feijóo explicou que se publicarán orientacións sobre semipresencialidade para alumnado e familias; «e haberá formación para todos os membros da comunidade educativa, desde a perspectiva educativa e sanitaria», engadiu.
Finalmente, no referido ás familias, o presidente do Executivo autonómico asegurou que a clave será a información, co espazo virtual Volvamos á escola con sentidiño e o reforzo da app AbalarMóbil, que actualmente conta con 290.000 usuarios rexistrados e á que durante o confinamento accederon unha media de 60.000 usuarios diarios.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?