O Concello de Oroso, a través da súa aula de formación EducaOroso, vai pór en marcha un novo curso de edición de imaxes a través da ferramenta de software libre GIMP, moi acaída para a edición e retoque de fotografías. A actividade desenvolverase en horario de mañá, de 10.00 a 12.00 horas, e de luns a venres, dende o luns 5 ata o xoves 8 de outubro. O obxectivo de esta actividade é aprender o manexo básico do software GIMP, abordándose tarefas como a creación de carteis sinxelos, a elaboración de pequenos retoques nas nosas fotos e a realización de montaxes simples combinando os coñecementos aprendidos.
Estes serán os contidos da actividade:
· Introdución da interface gráfica
· Conceptos básicos de imaxes dixitais
· Uso de capas
· Ferramentas de selección
· Uso de outras ferramentas
· Retoques que podemos facer nas nosas fotos
· Cartel sinxelo
· Montaxes simples
A solicitude de inscrición pode facerse a través da ligazón da aula CeMIT de Oroso, ou tamén de xeito presencial na propia Aula Mentor EducaOroso na rúa do Deporte, nº 7 en Sigüeiro. A causa da excepcional situación que se está a vivir pola COVID-19 só se ofertarán 6 prazas presenciais, reservando outras 6 para realizar a actividade formativa a través de vídeo conferencia.
As posibilidades de retoque e creación fotografía de GIMP, ao detalle nun curso en Oroso
Compartir Este Artigo

