Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Galicia completa o proceso de liberación do segundo dividendo dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Galicia completa o proceso de liberación do segundo dividendo dixital

Redacción
Publicado: 01/10/2020
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

tdt_dividendo_dixital.jpgA Comunidade galega rematou hoxe os traballos técnicos para deixar libres as frecuencias incluídas no denominado segundo dividendo dixital. Ás 7:00 horas procedeuse ao apagado dos centros emisores da rede de telecomunicacións da empresa pública Retegal, dependente da Xunta de Galicia, para liberar esas frecuencias ocupadas ata agora polas canles da televisión dixital terrestre (TDT).
Este proceso, que se desenvolve a nivel europeo, consiste no desprazamento das canles da TDT a novas frecuencias, co fin de liberar a banda de 700 MHz do espectro radioeléctrico na que se van despregar as futuras redes de telecomunicacións 5G.
Os centros que se apagaron esta madrugada nas provincias de Ourense e Pontevedra estaban emitindo desde febreiro nas antigas e nas novas frecuencias de modo simultáneo, co que se garantiu o mínimo impacto na poboación.
Para a execución deste proceso de liberación do segundo dividendo dixital en Galicia, Retegal tivo que actuar en 115 centros emisores nas áreas técnicas (provincias) de Ourense e Pontevedra. En Lugo os traballos xa remataran a principios deste ano, antes da corentena por mor da covid-19. Esta liberación de frecuencias desenvolveuse nun tempo récord nun total de 89 centros emisores, concluíndo os labores na noite do 10 ao 11 de febreiro. Polo que respecta á Coruña, esta provincia non está afectada polos axustes derivados do segundo dividendo dixital. A maiores tamén mudou a frecuencia de emisión do múltiple autonómico noutros 216 centros de extensión de cobertura municipal.
A partir de hoxe, a emisión da programación da TVG será na canle 25 para Ourense e na 37 para Pontevedra. En Lugo emite na canle 31.
A liberación das frecuencias da TDT dentro do proceso do segundo dividendo dixital permitirá outros usos diferentes da radiodifusión, principalmente os relacionados cos servizos avanzados de comunicacións electrónicas de carácter paneuropeo, o que vén sendo a nova tecnoloxía 5G.
Deste xeito, a Comunidade Autónoma de Galicia estará en condicións de beneficiarse da tecnoloxía móbil 5G, o que traerá grandes avances na produtividade, competitividade e oportunidades do tecido produtivo e para o benestar social.
Previamente, o Estado deberá proceder á poxa das frecuencias liberadas da TDT, dado que é a Administración competente no proceso de adxudicación de licencias de telefonía móbil.
Impulsaranse así os servizos asociados á telefonía móbil de quinta xeración (5G), tendo en conta que o impacto desta nova tecnoloxía non se limitará ao ámbito sector das comunicacións electrónicas, senón que facilitará a introdución de aplicacións innovadoras en empresas, cidadáns e Administracións públicas, destacando as aplicacións que marcarán o futuro próximo, como o Internet das cousas (IoT), o vehículo conectado e autónomo ou a telemedicina e a telecirurxía.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?