Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A RAGC recoñece a traxectoria de cinco científicos galegos da USC e a UVigo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A RAGC recoñece a traxectoria de cinco científicos galegos da USC e a UVigo

Redacción
Publicado: 05/10/2020
7 Min de Lectura
Compartir
7 Min de Lectura

ragc-2.jpgCinco investigadores galegos en activo recibirán o vindeiro xoves día 8 de outubro as Medallas de Investigación da Real Academia Galega de Ciencias (RAGC). Esta distinción recoñece na súa segunda edición a traxectoria consolidada de cinco científicos da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e da Universidade de Vigo (Uvigo).
A entrega das medallas terá lugar no acto académico de celebración do Día da Ciencia en Galicia, no Colexio de Fonseca (Santiago), que será presidido polo titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o presidente da RAGC, Juan M. Lema Rodicio. Tamén se homenaxeará a figura de Andrés Comerma, o enxeñeiro que deseñou o Dique da Campá no Arsenal de Ferrol, e serán concedidos os Premios de Investigación Ernesto Viéitez.
As Medallas de Investigación da RAGC distinguen a científicos e científicas de prestixio que desenvolvesen a maior parte da súa carreira investigadora en Galicia en cada unha das súas cinco seccións.
carlossalgado2020.jpgA medalla Enrique Vidal Abascal, da sección de Matemáticas, Física e Ciencias da Computación, correspóndelle a Carlos Salgado, director do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías da USC (único centro galego ata agora coa distinción de Unidade de Excelencia María de Maeztu). Doutorado en Física Teórica pola USC, Salgado (Monforte de Lemos, 1971) completou a súa formación con estadías nas Universidades de París Sur e Roma e no CERN. No ano 2011 recibiu unha axuda Starting Grant do European Research Council (ERC) e no 2019 unha Advanced Grant. Salgado está á fronte dun grupo referente internacional na teoría e fenomenoloxía de interacción forte en condicións de altas temperaturas e densidades, relativa á materia que formaba todo o Universo uns microsegundos despois do Big Bang e que se produce en laboratorio nos grandes aceleradores de partículas, especialmente no LHC do CERN.
simal-2.jpg O catedrático da UVigo Jesús Simal-Gándara (Santiago, 1966) recibe o xoves a medalla Antonio Casares Rodríguez, da sección de Química e Xeoloxía. É responsable do Grupo de Investigacións Agro-Ambientais e Alimentarias da Uvigo, grupo de referencia competitiva da Xunta de Galicia. Foi membro do Comité Científico da Axencia Española de Consumo, Seguridade Alimentaria e Nutrición; director do Centro de Investigación Agro-Ambiental e Alimentario; director do Departamento de Química Analítica e Alimentaria; e vicerreitor de Internacionalización da Uvigo. En 2018 foi incluído na lista dos 100 autores máis citados a nivel mundial no campo da tecnoloxía de alimentos. Actualmente é presidente da Asociación Internacional de Nutrición e Seguridade Dietética e membro da Real Academia de Farmacia de Galicia. Realizou estancias de investigación en Francia, Estados Unidos, Alemaña, Reino Unido, Holanda e Suecia.
botana.jpg Luis Miguel Botana (Catoira, A Coruña) recibe a medalla Ánxeles Alvariño, da sección de Bioloxía e Ciencias da Saúde. Catedrático de Farmacoloxía na Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo da USC, fixo unha estancia posdoutoral na Universidade Johns Hopkins de Baltimore. A súa actividade científica céntrase na farmacoloxía, toxicoloxía e detección das toxinas mariñas, así coma no uso de produtos mariños para a formulación de fármacos. Foi director do Laboratorio Comunitario de Referencia de Biotoxinas Mariñas e director do Departamento de Farmacoloxía da USC. A investigación desenvolvida durante a súa carreira, en colaboración con máis de 50 grupos internacionais, tivo unha gran proxección social no sector pesqueiro en Galicia: a actual lexislación europea sobre control de toxinas mariñas baséase en parte nos traballos do seu grupo de investigación, que é referencia mundial neste eido.
xrnoi_voa.jpgO catedrático da UVigo Xosé Ramón Nóvoa (Dozón, Pontevedra) foi o elixido pola sección de Ciencias Técnicas para recibir a medalla Isidro Parga Pondal. Doutorado en Química pola USC, a súa carreira docente e investigadora estivo sempre ligada á actual Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo, con estadías de investigación na Universidade de Manchester (Inglaterra) e no Centro Nacional de Investigación Científica (CNRS) de Francia. A súa actividade investigadora céntrase nas aplicacións industriais da electroquímica: corrosión, recubrimentos, pasividade e baterías son as súas principais liñas de traballo activas na actualidade. Ten dirixido nesta temática 12 teses de doutoramento e publicado máis de 150 artigos.
sabucedo.jpgA medalla Domingo García-Sabell Rivas, da sección de Ciencias Económicas e Sociais da RAGC, destaca a traxectoria de José Manuel Sabucedo (Vigo, 1955), catedrático de Psicoloxía Social na USC. É coordinador do grupo de Comportamento Social e Psicometría Aplicada e membro do instituto CRETUS. Recibiu o Premio Galicia de Investigación e foi promotor e primeiro presidente da Sociedade Científica Española de Psicoloxía Social e editor da International Journal of Social Psychology. A súa investigación céntrase no estudo de procesos psicosociais básicos e na súa aplicación aos ámbitos da conduta política e do medio ambiente. Nos últimos anos e xunto ao seu equipo traballou na conceptualización da obriga moral. A súa formulación está a ser utilizada por outros autores en modelos explicativos de diversas condutas.
A celebración da ciencia
A entrega das medallas forma parte da celebración do Día da Ciencia en Galicia, que a RAGC promove para poñer en valor a traxectoria dos científicos que historicamente e na actualidade contribúen de forma significativa ao avance do coñecemento e á súa aplicación á mellora da calidade de vida das persoas e ao progreso económico de Galicia.
Neste marco, no acto académico do vindeiro xoves homenaxéase a figura do enxeñeiro e arquitecto naval, farmacéutico, escritor e divulgador Andrés Comerma, responsable do deseño da obra máis importante realizada en Galicia no século XIX –o Dique da Campá no Arsenal de Ferrol– e introduciu numerosas innovacións tecnolóxicas en Galicia, como a telefonía e os raios X.
Tamén serán entregados os Premios de Investigación Ernesto Viéitez a un equipo liderado polo Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) da USC e a un enxeñeiro do Centro de Investigación TIC (CITIC) da UDC.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?