A aceleradora Business Factory Aero (BFAero), que forma parte do Polo Aeroespacial de Galicia no marco da Civil UAVs Initiative (CUI) da Xunta, abre este martes 6 de outubro a votación popular para que o público poida escoller os dous proxectos que lles resulten de meirande interesese de entre os que se van inscribindo na terceira edición. Ao longo da xornada de hoxe comezarán a estar subidas na web de BFAero as primeiras ideas de aplicación para o sector dos drons ou vehículos non tripulados que xa se rexistraron na convocatoria, cuxo prazo de presentación remata o vindeiro 22 de outubro ás 14.00 horas. A votación estará aberta ata o 29 de outubro, unha semana despois de que finalicen as inscricións.
Os dous proxectos que resulten máis votados na web pasarán de forma directa á fase final de preselección da aceleradora. Ademais destas dúas contribucións, o comité executivo de BFAero escollerá un mínimo de dez máis para esta fase final. Deste xeito, este mínimo de doce ideas poderán defender o seu proxecto a través dunha entrevista e presentación privada co comité e un pitch. Para rematar, sete deles entrarán na aceleradora, tres no programa de incubación e catro no de aceleración. O sete proxectos escollidos nesta terceira convocatoria sumaranse aos doce proxectos que xa impulsa BFAero nos seus dúas primeiras edicións.
Segundo informa o Goberno galego, as startups que forman parte de BFAero optan “á maior dotación económica por proxecto no sector de toda a Unión Europea”, ademais de ter ao seu dispor financiamento, infraestruturas (como o aeródromo de Rozas), formación ou asesoramento de empresas de referencia no sector como Indra e Babcock.
BFAero abre a votación popular para que o público poida escoller os seus proxectos favoritos
Compartir Este Artigo

