
Amais, explicou que a dixitalización “non é só unha cuestión de tecnoloxía e de máquinas, senón que se trata de realizar un cambio de mentalidade para incorporala ás nosas vidas”. Szpilka considera que no mercado español “unha das principais feblezas é a capacitación dixital”, ademais “do investimento en innovación”, tanto a nivel público como privado. Sobre a xestión da COVID, opina que “foi xestionada cunha mentalidade máis antiga, con ferramentas do S. XX e non do S. XXI”.
O Club de Conselleiras da AGEF é un espazo creado en 2019 para pór en valor o papel das mulleres nos postos directivos do tecido empresarial de Galicia. Os seus obxectivos pasan por potenciar a diversidade como valor de bo goberno corporativo, impulsar o liderado feminino e promover a igualdade.
Carina Szpilka traballou durante máis de dúas décadas dentro do sector financeiro, onde foi directora executiva de ING Direct en Francia e máis tarde en España. A día de hoxe adícase a impulsar a economía dixital en España a través de K Fund, a nova firma de venture capital dirixida a investir en proxectos de startups en fases iniciais, e tamén a través do seu cargo como presidenta de Adigital, a asociación que traballa para situar a España como líder dixital a nivel mundial. Ademais, é conselleira independente de Abanca, Grifols e Meliaì.
A presidenta de Adigital e o Club de Conselleiras fan un chamamento a prol da cultura da capacitación dixital
Compartir Este Artigo

