Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Publican a primeira base de datos dixital de materiais innovadores creados por empresas e centros de coñecemento galegos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Publican a primeira base de datos dixital de materiais innovadores creados por empresas e centros de coñecemento galegos

Redacción
Publicado: 08/10/2020
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

materiais_innovadores.jpgA Xunta vén de publicar a primeira base de datos dixital de materiais innovadores creados por empresas e centros de coñecemento galegos. Na nova web da Materioteca de Galicia quedan dispoñibles a partir de hoxe as fichas técnicas de todos os materiais con selo galego que foron incorporados ao longo do ano e medio de traxectoria deste servizo, impulsado no marco do Programa de Deseño para a Innovación a través da Axencia Galega de Innovación (Gain).
A Materioteca de Galicia foi creada en 2019 como espazo de difusión de materiais innovadores que combina unha exposición e arquivo de mostras clasificadas (situado no CIS Tecnoloxía e Deseño de Ferrol) con servizos especializados para facilitar a transferencia de tecnoloxías de materiais ao tecido empresarial e estimular a innovación intersectorial.
A nova plataforma web da biblioteca de materiais de referencia de Galicia permite o libre acceso ao seu repositorio dixital de mostras para profesionais do deseño, enxeñeiros, arquitectos, tecnólogos e demais perfís implicados no desenvolvemento de solucións innovadoras para retos empresariais, así como estudantes destas especialidades. Ademais, nela pode atoparse información sobre todos os servizos de difusión e de impulso á transferencia de coñecemento en materiais innovadores.
Esta ferramenta dixital foi presentada hoxe durante o primeiro encontro do ciclo en liña sobre materiais do futuro organizado no marco do Programa de Deseño para a Innovación da Xunta. Catro grupos de investigación das tres universidades galegas presentaron os materiais máis innovadores que están desenvolvendo especificamente para a impresión 3D, unha tecnoloxía que se converteu nunha ferramenta clave da Industria 4.0 e de campos coma o da medicina rexenerativa.
Os grupos de investigación que presentaron novos materiais neste campo foron o Labplast e o Laboratorio de Aplicacións Industriais Láser da Universidade da Coruña (UDC), o Instituto de Cerámica da Universidade de Santiago de Compostela e o Grupo FA3 Novos Materiais da Universidade de Vigo. Posteriormente, foi exposta unha selección internacional de novos materiais para impresión 3D da man da empresa Materially.
Ademais de expoñer os seus avances en materiais biocompatibles e tecnoloxías para a Industria 4.0, os relatores coincidiron en que o futuro é a impresión 4D, que implica que a forma ou as propiedades dos materiais poidan cambiar en función dos estímulos externos. Trátase de materiais intelixentes, con mellores prestacións e máis lixeiros, económicos e sustentables, aplicables en biomedicina ou robótica, entre outros campos.

Materiais para a innovación do futuro

Os seguintes dous workshops do ciclo Materiais para o futuro terán lugar entre finais de outubro e principios de novembro e estarán dedicados ás oportunidades que presentan os novos materiais en relación co contract (sector que aglutina ás empresas de mobiliario, iluminación, tecidos, equipamento, deseño de interiores e decoración) e coas novas tendencias na disciplina CMF (cor, materiais e acabado).
Este ciclo complementa a serie de encontros en formato virtual A era poscovid: redeseñar o mundo, iniciada a finais de xuño e na que ofrecen a súa visión de futuro profesionais galegos do deseño de referencia a nivel internacional.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?