Unha das persoas da organización situada no pavillón 1 da FIGAA XGN R Encounter, a maior e máis referencial lanparty da nosa terra, pechou con éxito a súa primeira edición destes tempos marcado pola COVID, unha circunstancia que motivou a adaptación do encontro á contorna online, con máis de 50 actividades organizadas en remoto. A participación nas sesións formativas e nos concursos de arte dixital, software libre e hardware, ou nas competicións de xogos, superaron as expectativas das organizadoras, un equipo de entidades formado pola Feira Internacional de Galicia Abanca, a operadora R (colaboradora, fornecedora de tecnoloxía e patrocinadora oficial) e a Consellería de Política Social da Xunta. Un intre do programa da XGN R Encounter o sábado pola noiteNo evento, que contou cunha velocidade de conexión de 10 Gbps grazas á tecnoloxía de R, participaron finalmente máis de 700 persoas, unha cifra que foi valorada “moi positivamente” polos impulsores da party, tanto “pola dificultade de manter o interese da cita ao perder o seu compoñente presencial e de relación persoal, como “polo alto grao de actividade demostrado polos participantes”. Outra das persoas encargadas de coordinar as tarefas de organización da party informáticaSeguindo co balance de cifras, sinalar que as inscricións nas competicións de creatividade dixital, programación, hardware e videoxogos foron semellantes “en termos xerais” ás dunha edición presencial da festa informática emprazada en Silleda. E en canto ás charlas, espertaron especial interese as relacionadas coa Intelixencia Artificial, o posicionamento SEO, o deseño 3D ou a programación. Amais, o maratoniano programa de Twitch emitido durante os dous días desta cita tecnolóxica, que pechou a súa edición este 11 de outubro pola noite, acadou unha audiencia acumulada de varios miles de espectadores.