
Durante o simulacro púxose en marcha unha misión de emerxencia desde o campo de voo de Áncora. Así, a partir da chamada do accidentado ao 112, a AXEGA púxose en contacto co centro de operación Áncora de ITG, desde onde se activou o mecanismo que fixo que un dron, equipado con cámara térmica e visible, despegase do niño de recarga intelixente e autónomo de DroneSafeBox para proceder ao seguimento en tempo real da misión.
“Esta manobra”, informou o ITG, “permitiu comprobar nunha situación realista a aplicación da nosa tecnoloxía no ámbito das aeronaves non tripuladas, que ten como obxectivo favorecer a posta en marcha de negocios no ámbito das aplicacións civís para drons, proporcionando maior autonomía e intelixencia de voo xunto a menores custos operativos, así como o desenvolvemento de tecnoloxía para a prestación de servizos con vehículos aéreos non tripulados”.
Drone in a Box, engadiu o instituto, consiste nunha contribución tecnolóxica que pon en xogo puntos de aterraxe, recarga e comprobación totalmente autónomos (cunha mínima intervención humana) en distintas localizacións dun percorrido específico. O ITG tamén salientou que a proba supuxo “a materialización dun dos casos de uso que permitirá a futura normativa europea no ámbito dos drons”.
O simulacro levado a cabo enmárcase nas probas finais da UMI FASTFly (Full Autonomous Systems for UAS), na que participan o ITG e Star Defence Logistincs & Engineering (SDLE). Trátase da única Unidade Mixta de investigación que, impulsada pola Xunta de Galicia, está especializada en aeronaves non tripuladas.
O ITG organizou un simulacro de rescate no mar cun dron totalmente autónomo
Compartir Este Artigo

