Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta apoia a posta en marcha dunha plataforma dixital de comercialización de turismo rural
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta apoia a posta en marcha dunha plataforma dixital de comercialización de turismo rural

Redacción
Publicado: 19/10/2020
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20201017_turismo_rural_02.jpgO vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou na Estrada na presentación da plataforma de comercialización de turismo rural galiciaturismorural.es, apoiada pola Xunta. A iniciativa púxose en marcha grazas a un convenio de colaboración entre a Administración autonómica e a Federación Galega de Turismo Rural (Fegatur).
O acto celebrouse na Estrada, na casa rural Torres de Moreda, e contou tamén coa asistencia do presidente de Fegatur, Francisco Almuíña; da delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro; do alcalde da Estrada, José López Campos; e do presidente do Clúster de Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal.
A día de hoxe, a través desta nova plataforma xa se pode reservar en máis de 120 establecemento rurais e está aberta a adhesión de calquera dos preto de 540 aloxamentos rurais que hai en Galicia.
Rueda destacou a importancia desta iniciativa para facilitar o contacto dos viaxeiros cos aloxamentos, dun xeito rápido e directo, o que contribúe a aumentar a competitividade deste sector en concreto.
Ao respecto, puxo tamén en valor que o outono é unha boa oportunidade para dar un pulo ao turismo rural galego, gardando sempre as garantías sanitarias tanto para os viaxeiros como para as persoas que residen en Galicia. Neste sentido, destacou que os valores propios deste tipo de turismo (espazos naturais, pouco masificados…) adáptanse aos destinos que buscan os turistas durante esta pandemia.
20201017_turismo_rural_01.jpgNeste sentido, reafirmou o apoio do Goberno galego ao turismo en xeral, e ao turismo rural en particular, que están sendo especialmente afectados pola crise sanitaria. Lembrou, así, que Galicia puxo en marcha, entre outras iniciativas, o programa Galicia destino seguro, dotado con 8 millóns de euros, e que incluíu unha batería de medidas de apoio a estes negocios para adaptarse a esta nova situación. De feito, grazas ao traballo do sector, o turismo galego resistiu mellor o verán que a media do estado.
Xa no eido concreto do turismo rural e ademais desta plataforma de comercialización, a Xunta financiou tamén un convenio con Fegatur para a implantación de medidas hixiénico sanitarias entre os establecementos rurais; apoiou o programa Grazas por elixir Galicia, promovido por Agatur, que inclúe bonos para realizar actividades de turismo activo na natureza ou de visitas guiadas nas cidades; e está actualmente impulsando a iniciativa do Outono gastronómico, unha campaña que xa se leva facendo durante 14 anos e na que este ano participan 70 establecementos rurais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?