Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Cidade das TIC podería optar aos fondos europeos de reconstrución
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Cidade das TIC podería optar aos fondos europeos de reconstrución

Redacción
Publicado: 27/10/2020
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20201017_cidade_das_tic.jpgO vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo unha reunión co reitor da Universidade da Coruña (UDC), Julio Abalde, na que lle trasladou que a Xunta de Galicia incluíu á Cidade das TIC na candidatura presentada ao Goberno de España para optar aos fondos europeos de reconstrución Next Generation.
Deste xeito, a Cidade das TIC é un dos 108 proxectos inicialmente seleccionados polo Goberno galego para acceder a estes fondos. De saír adiante esta proposta, a previsión é que a iniciativa chegue a mobilizar 55 millóns de euros para, desde a colaboración público-privado, construír un Polo TIC que albergue empresas, un campus tecnolóxico con cabida para un centro de I+D en novas tecnoloxías, unha incubadora de alta tecnoloxía centrada na intelixencia artificial e no big data, un centro demostrativo e de servizos avanzados, un centro de formación e difusión TIC, así como a sede dun nodo da Estratexia dixital galega 2030 e nacional de intelixencia artificial.
O vicepresidente económico trasladou ao reitor da UDC o compromiso da Xunta con esta iniciativa que pretende dar resposta ás demandas do tecido industrial galego, activar proxectos de I+D disruptivos vertebradores e atraer novos investimentos a Galicia. Neste sentido, dentro da convocatoria dos centros de fabricación avanzada, a Cidade das TIC recibiu un apoio de 4,82 millóns de euros para acondicionar unha das naves nas que se instalarán catro laboratorios e empresas do sector TIC.
Conde subliñou que a Cidade das TIC, enmarcada na candidatura de Galicia aos fondos europeos dentro do eixe destinado á modernización do tecido produtivo galego, encaixa cos criterios europeos e nacionais, xa que é o exemplo dunha iniciativa viable, ben definida e madura que contribuirá á transformación económica e social de Galicia.
O encontro forma parte da rolda de contactos do Goberno galego para contar coa colaboración das principais institucións e axentes socioeconómicos no deseño de iniciativas que encaixen e se adapten aos fondos de reconstrución europeos. Conde manifestou o interese da Xunta en que a UDC teña un papel activo neste importante proceso.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026
Actualidade

The New York Times veta a nova versión de Photoshop

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?