
Segundo nos contan os responsables da empresa, que conta con caseta virtual nas JAI, as xornadas da UVigo confirmáronse novamente, mesmo dende o ámbito virtual, como “un dos eventos máis importantes do seu ámbito no panorama peninsular”.
Festo contribuíu entre outras cousas coa conferencia AI on Edge and how the automated industry can benefit from it, na que Lea Bayer, responsable de vendas e estratexia de mercado da compañía, falou hoxe sobre Intelixencia Artificial e a súa aplicación na industria da enerxía e manufactureira.
Como novidade, o programa deste ano inclúe catro mesas redondas sobre diversos temas de actualidade no sector, como a dixitalización industrial, a robótica na Industria 4.0 ou a ciberseguridade industrial, entre outros temas. Xavier Segura, general manager de Festo en España e Portugal, participará na mesa titulada Automatización e Robótica na Industria 4.0. Xunto a representantes doutras empresas como Universal Robots, Eurecat e Robotplus debaterán sobre a planta dixital e os novos usos da robótica. A cita será o mércores, 28 de outubro, de 18.25 a 19.10.
Con estas intervencións, Festo quere contribuír, xunto ao resto de empresas participantes, “a achegar a súa experiencia e profesionalidade nestas xornadas, orientadas a todos aqueles asistentes de España e Iberoamérica que queren manterse ao día e renovar os seus coñecementos nas disciplinas de enxeñaría, e tamén coñecer de primeira man as tecnoloxías, solucións e tendencias máis modernas no ámbito da automatización e enxeñaría de procesos industriais”.
Festo mostra o potencial da Intelixencia Artificial Aplicada na edición virtual das xornadas JAI
Compartir Este Artigo

