Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Grupo Euskaltel aumenta un 24,5% o seu beneficio neto
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Grupo Euskaltel aumenta un 24,5% o seu beneficio neto

Redacción
Publicado: 27/10/2020
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

grupo_euskaltel.jpgO Grupo Euskaltel (ao que pertence R) fixo públicos os resultados correspondentes ao terceiro trimestre de 2020, que confirman un novo récord en crecemento de clientes, reforzando a senda de crecemento do Grupo rexistrada nos trimestres anteriores, que están en liña co cumprimento dos obxectivos do seu plan estratéxico para o presente exercicio.
A irrupción de Virgin telco no mercado superou todas as expectativas. No terceiro trimestre do ano, o primeiro trimestre completo dende o seu lanzamento, a nova marca do Grupo Euskaltel para a súa expansión nacional creceu en preto de 30.000 clientes (21.000 de telecomunicacións fixas, e case 9.000 de telecomunicacións móbiles), e está a piques de superar os obxectivos de crecemento previstos para o final de ano.
En total, dende o seu lanzamento o pasado 20 de maio ata o 30 de setembro, Virgin telco conta xa con 27.000 clientes sobre rede fixa, cando o obxectivo do plan de negocio para 2020 é alcanzar os 35.000 usuarios. Sumando os clientes de fixa e de móbil, Virgin telco conta neste momento cun total de 38.000 clientes, en apenas catro meses de presenza no mercado. Coa súa política de flexibilizar a súa oferta de produtos e servizos para ceder ao cliente a decisión dos produtos que desexe contratar, Virgin telco seguiu unha tendencia progresiva semana a semana dende o seu lanzamento. En total, o Grupo Euskaltel conta xa con máis de 800.000 clientes de mercado masivo.
O beneficio bruto de explotación (Ebitda) nos nove meses de 2020 creceu un 3,2 % sobre o mesmo período do exercicio anterior, acadando os 260,2 millóns de euros a 30 de setembro, cunha marxe sobre ingresos do 50,3 %, crecendo 119 puntos básicos sobre setembro de 2019.
Grazas á calidade dos ingresos e á xestión do control de custos realizado, o resultado neto do exercicio a 30 de setembro do Grupo Euskaltel supera os 52 millóns de euros, o que supón un 24,5 % máis que os 41,9 millóns rexistrados nesta data o pasado exercicio.

O Grupo Euskaltel chega a máis de 20 millóns de fogares con fibra óptica

A estes excelentes resultados hai que engadir que o Grupo Euskaltel gañou un enorme potencial de crecemento e rendibilidade grazas aos acordos alcanzados con outros operadores para ampliar a pegada da súa rede de fibra óptica. Neste momento, o Grupo Euskaltel, a través das súas marcas Euskaltel, R, Telecable e Virgin telco, alcanza xa unha cobertura a nivel nacional de máis de 20 millóns de fogares. O aumento da cobertura de rede, así como a optimización na súa xestión, son pancas clave para o crecemento continuado da base de clientes e a rendibilidade da compañía.
Nos últimos meses, o Grupo asinou diversos acordos de rede que lle permitirán seguir ampliando a súa cobertura de rede e o crecemento e a rendibilidade do seu negocio. Entre eles atópase o acordo asinado con Orange para poder acceder a 1,8 millóns de novos fogares do despregamento adicional que realizará a compañía, aos que hai que sumar outros 1,5 millóns.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?