O Concello de Ames habilitou un acceso directo na web municipal para facilitar a interrelación e a comunicación da Administración local coa cidadanía. En concreto, puxo en marcha un servizo, a través da sede electrónica do Concello, para obter cita previa e poder realizar trámites presenciais en Rexistro e no Padrón, así como para facer operacións a través do Sistema de Interconexión de Rexistros (SIR).
O dito acceso directo emprazouse na web municipal, dentro do apartado de Atención cidadá, información e participación. Ademais, existe unha listaxe de números de teléfono e enderezos de correo electrónico para poder contactar cos diferentes departamentos municipais.
O obxectivo deste sistema é, por unha banda facilitar aos veciños e ás veciñas a obtención de cita previa e que o poidan facer dunha forma rápida e áxil, e por outra optimizar o traballo dos empregados/as públicos.
O Concello de Ames habilita un servizo online para obter cita previa para trámites
Compartir Este Artigo

