Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As actividades presenciais de Pont-Up Store terán lugar en primavera
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

As actividades presenciais de Pont-Up Store terán lugar en primavera

Redacción
Publicado: 02/11/2020
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

ilustracion-pontup-2020.jpgTras realizar en setembro parte do seu programa en liña, Pont-Up Store non renuncia a levar o emprendemento galego ás rúas da cidade de Pontevedra, e manter así un dos seus principais sinais de identidade ao longo dos seus sete anos de traxectoria. Para facelo, terá que agardar a unha situación máis segura e apunta á vindeira primavera como posible data para celebrar a edición presencial. A carpa instalarase como de costume na Praza de España para mostrar os emprendementos de 46 startups galegas.
Esta decisión foi tomada tras valorar a situación coas entidades que apoian o evento, que decidiron manter os apoios necesarios para financiar a continuidade das actividades deste encontro que a día de hoxe é un dos grandes referentes do ámbito do emprendemento no noroeste peninsular. En concreto, a Concellaría de Promoción Económica do Concello de Pontevedra manifestou o seu respaldo económico para desenvolver e reforzar o programa desta edición, e anunciou que no mes de xaneiro estudará como apoiar e desenvolver a 8º edición prevista para setembro de 2021.
O director de Pont-Up Store, Pedro Figueroa, manifestou a necesidade de «seguir apostando por levar o emprendemento á rúa e por seguir ofrecendo apoio e visibilidade aos emprendementos galegos, que agora precisan máis que nunca do magnífico escaparate que lles ofrece o Pont-Up Store onde poden probar as súas iniciativas, ter contacto directo co público e establecer relacións con posibles proveedores e colaboradores». Figueroa engadiu que este encontro xa tiña iniciado o camiño cara unha nova fase antes da pandemia e agora, «queremos acelerar ese proceso para facer do Pont-Up Store un contedor de accións relacionadas co ecosistema emprendedor que vai programar actividades durante todo o ano».

O Pont-Up Exprés celebrarase en liña en novembro

Figueroa avanzou que están a traballar para transformar o formato Talent Business Pont-Up Exprés, nun evento en liña que se celebrará o vindeiro 19 de novembro entre as 19:30 e as 20:30 horas. A sesión será retransmitida a partir dun plató virtual onde 8 startups galegas presentarán en 5 minutos o seu emprendemento a representantes de importantes empresas e entidades galegas. Nesta edición contarán con Margarita Hermo Figueira, directora da Asociación Galega de Empresa Familiar e responsable de Relacións Institucionais da corporación empresarial conserveira Jealsa; Emilio Bruquetas Serantes, director xeral do grupo enerxético galego Reganosa Holdco; Ángel González Calvo, Presidente executivo da compañía internacional especializada en iluminación, sinalización e mobiliario urbano, SETGA que xunto coa carta escoitante, Virginia Pozo Castro, fundadora, CEO e directora creativa da firma de moda internacional Coosy, representan a internacionalización de empresas con base e orixe en Pontevedra. Ao igual que o ano pasado, as presentacións serán abertas ao público e haberá tempo para a réplica por parte das persoas escoitantes.
Pedro Figueroa convidou ao público a seguir esta actividade a través da Internet, e lembrou que a web do encontro, totalmente renovada, está funcionando como repositorio de contidos onde é posible consultar información de todas as sesións en liña celebradas ata agora, e moita outra información de interese para os novos emprendementos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026
Eventos

Unha feira gratuíta convida ás familias a conversar con robots e probar a realidade virtual no CIFP Politécnico de Santiago

19/11/2026
Eventos

As tecnoloxías galegas con impacto positivo centran un encontro na Coruña

16/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?