Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O grupo VARPA e PsicoVR recoñecidos con Premios Spin-Off PuntoGal
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O grupo VARPA e PsicoVR recoñecidos con Premios Spin-Off PuntoGal

Redacción
Publicado: 06/11/2020
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

grupo_varpa_emjo8f1xiaivswu.jpgO grupo VARPA (Visión Artificial e Recoñecemento de Patróns) da UDC, dirixido polo investigador do CITIC Manuel F. González Penedo, vén de recibir o Premio Spin-Off PuntoGal na categoría dedicada a Grupos de Investigación. Estes galardóns, que teñen o obxectivo de recoñecer as mellores e máis innovadoras iniciativas empresariais xurdidas no ámbito das tres universidades galegas.
O xurado destacou o traballo realizado dende hai anos polo grupo no desenvolvemento de programas informáticos para a telemedicina, un campo no que o grupo conta con contratos, patentes e publicacións moi destacadas. Ademais, tívose moi en conta o traballo que está a desenvolver actualmente na investigación para mellorar o diagnóstico nos pacientes da COVID-19 e a predición da súa evolución.
18837068_1074382019360951_6327682044252346451_o.jpgNo apartado Idea Emerxente dos Premios Spin-Off PuntoGal a gañadora foi a empresa PsicoVR que traballa no campo da realidade virtual e que desenvolve actualmente diversos proxectos para empresas e institucións de prestixio. Entre as razóns para a concesión do premio, o xurado referiuse ás solucións aportadas pola empresa para necesidades coma a atención sanitaria e o coidado das persoas maiores. Nesta categoría obtivo unha mención coma finalista a empresa lucense Data Monitoring, que desenvolve ferramentas informáticas para aplicar en diversos sectores produtivos.
Nesta edición dos Premios Spin-Off PuntoGal presentaron candidaturas preto de quince empresas e grupos de investigación de diversos sectores. O xurado, no que figuraban investigadoras galegas de prestixio e un representante da Secretaría Xeral de Universidades, destacou especialmente a alta calidade das propostas presentadas. Os galardóns serán entregados nun acto que terá lugar cando as condicións sanitarias o permitan.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026
Actualidade

The New York Times veta a nova versión de Photoshop

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?