Unayta, empresa galega (con sede Milladoiro, Ames) centrada en servizos dixitalización documental, sinatura biométrica e redes sociais, segue adiante este outono co seu importante labor de recuperación histórica a través das máis avanzadas tecnoloxías de rexistro, xestión e dixitalización. Entre as liñas de acción principais da tempada atópase a organización e clasificación do Arquivo Histórico Diocesano de Tui.
Segundo informan dende Unayta, “Tui é capital dunha das sete provincias que forman o antigo Reino de Galicia e conta co conxunto histórico con máis importancia e extensión despois do de Santiago de Compostela de toda Galicia”, ao que cómpre engadir un Arquivo Histórico Diocesano de incalculable riqueza patrimonial. Neste arquivo é onde se están a focalizar os traballos recentes de Unayta, un labor que contribuirá, tamén, a facer que os tesouros documentais de Tui sexan máis coñecidos.
De entre a valiosa documentación que organizou, clasificou e describiu Unayta, amais de poñela a disposición do público a través do acubillo dixital Galiciana, a empresa destaca especialmente os libros de confrarías, uns volumes que “deixan amplas e variadas testemuñas en relación a existencia de numerosas confrarías e a súa organización, e que están presentes en practicamente todas as parroquias, e que inclúen outras documentacións de gran valor, como son as bulas de concesión de indulxencias, que son documentos pontificios expedidos pola chancelería apostólica papal sobre determinados asuntos de importancia, entre os que están as de concesións de indulxencia de confrarías, nas que as veces figura o propio Papa”.
O traballo de Unayta centrouse como dixemos na organización, clasificación e descrición de todo este legado documental histórico, a que cumpriu engadir rigorosas metodoloxías de protección para o tratamento dos libros, “cumprindo sempre cos protocolos establecidos e tratando de limpar e catalogar toda a documentación”.
Unayta cataloga e dixitaliza o rico patrimonio do Arquivo Histórico Diocesano de Tui
Compartir Este Artigo

