Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Nove de cada dez fogares galegos conta con servizo de Internet
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Nove de cada dez fogares galegos conta con servizo de Internet

Redacción
Publicado: 16/11/2020
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

interent_no_fogar.jpgO 92,4% dos fogares galegos teñen contratado Internet, cun incremento do 4,1% con respecto ao ano anterior. Isto supón que 34.400 vivendas de Galicia se sumaron ao uso da Internet no último ano. Sen embargo, o máis destacado deste aumento é que se produce nos concellos máis pequenos, onde ata o de agora a fenda dixital era máis acusada. Entre 2019 e 2020 a contratación de internet nos municipios de menos de 10.000 habitantes creceu un 8,7%, máis do dobre que a media de Galicia.
Son parte dos datos publicados hoxe polo INE sobre o equipamento e uso das TIC nos fogares en 2020, que constata que a contratación de internet supera o 94% en todos os concellos de 50.000 a máis de 100.000 habitantes; que no tramo de 20.000 a 50.0000 habitantes esta porcentaxe ascende a máis do 95%; e que nos concellos de 10.000 a 20.000 habitantes pasou do 86,1% ao 91,5%.
Segundo a análise realizada polo Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), dependente da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), as cifras confirman que a totalidade dos galegos de 16 a 34 anos empregan Internet e superan a media estatal no uso habitual de Internet pero, ao mesmo tempo, tamén se están a producir incrementos significativos do uso das TIC entre os maiores galegos de 65 anos.

O 87,4% dos galegos e galegas de 16 a 74 anos utilizaron Internet nos tres últimos meses, cun crecemento do 4%, con respecto ao ano anterior. Se ben, o uso de Internet é universal entre as persoas de menos de 34 anos, destaca o crecemento no tramo de idade dos 65 aos 74 anos, onde o uso da Rede sube un 17,5% respecto ao ano anterior (do 45,7% ao 53,7%).
Outro dos indicadores que experimenta un dos incrementos máis relevantes son as compras a través da Rede. Un 47,2% da poboación galega adquiriu algún produto ou servizo a través de Internet nos últimos tres meses, experimentando un crecemento do 20,4% respecto ao ano anterior fronte ao crecemento do 14,7% que experimenta a media estatal, Cabe salientar que un 64,1% dos mozos galegos de 16 a 24 anos compran a través de Internet, superando en 2,3 puntos a media estatal (61,8%).

A Internet das cousas

Nesta edición, a enquisa do INE incorpora un módulo específico sobre a Internet das Cousas. A Internet das Cousas é un concepto que se refire ao uso de dispositivos cotiáns conectados a Internet que tamén poden conectarse entre si para habilitar servizos avanzados, como controlar o dispositivo de forma remota, axustar a configuración ou dar instrucións para as tarefas a realizar.
Do total de internautas galegos, case tres de cada 10 persoas de 16 a 74 anos (o 28,6%) utilizaron dispositivos ou servizos de domótica no fogar, en valores próximos á media estatal (31,1%). En concreto, o 19,6% usou asistentes virtuais en forma de altofalante intelixente ou de App (como Alexa, Google Home, Siri, Cortana,…), superando a media estatal (18,1%); o 10,2% electrodomésticos conectados, o 6,4% sistemas de alarma/seguridade do fogar (fechaduras, cámaras, detectores de fumes,…) e o 7,6% sistemas para a administración de enerxía para o fogar (luces, enchufes, termostatos,…).
En canto ao resto dos dispositivos conectados a Internet no fogar, os máis utilizados son as televisións con conexión a Internet, incluídas as Smart TV (polo 66,1% da poboación usuaria de Internet nos últimos tres meses) e o uso de consolas de xogos conectadas a Internet (30,8%).
Por último, respecto dos dispositivos portátiles conectados a Internet, o 28,5% dos internautas galegos utiliza reloxos intelixentes (smartwatches), auriculares, rastreadores de seguridade ou bandas de fitness conectados a Internet, superando en 4,2 puntos a media estatal (24,3%), o 8,2% dispositivos para a saúde e a atención médica (controlar a presión arterial, o peso corporal,…), superando de novo a media estatal (7,4%) e o 7,3% dispón de automóbiles con conexión sen fíos incorporada

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?