A revista mensual do grupo Código Cero, O Barbanza, chega á edición número 15, na que amosamos unha vez máis o apoio ao sector comercial e hostaleiro da comarca do Barbanza que segue a ser un dos colectivos máis afectados pola pandemia.
Nesta edición recollemos as iniciativas municipais e da Deputación Provincial dentro dos plans Reactiva, que inclúen subvencións directas para as pequenas e medianas empresas e que buscan fomentar o emprego. Á marxe desta iniciativa, os propios municipios están a desenvolver axudas propias para complementar as necesidades de empresas, autónomos e cidadáns.
Entre outros contidos pasamos revista aos máis recentes exemplos de rehabilitación do patrimonio das vilas barbancesas, recollemos tamén os proxectos que se están a levar acabo co gallo da celebración do Mes da Ciencia en Galego, e falamos da Gala do Libro Galego que poderá ser seguida en streaming. Tamén facemos resumo do mais salientable do mes nos distintos concellos da comarca.
Novo número da revista O Barbanza
Compartir Este Artigo

