Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Miguel Rodríguez Rubio recibe o premio Traxectoria Profesional do CPEIG
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Miguel Rodríguez Rubio recibe o premio Traxectoria Profesional do CPEIG

Redacción
Publicado: 17/11/2020
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

miguel_rodriguez_rubio.jpgO Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) decidiu outorgar o Premio Traxectoria Profesional da XII Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia ao doutor en Informática Miguel Rodríguez Rubio, catedrático da Escola Universitaria na Universidade da Coruña (UDC), con ampla experiencia docente e no sector privado.
A devandita gala celebrarase o vindeiro 27 de novembro no Hotel OCA Porta do Camiño de Santiago, este ano cun encontro presencial e virtual que reunirá ás empresas máis destacadas do sector TIC en Galicia. Os premios da Noite corresponden a dez categorías onde os colexiados e colexiadas recoñecen as iniciativas ou persoas destacadas no ámbito da Enxeñaría en Informática.
O homenaxeado
Miguel Rodríguez Rubio naceu en Oviedo en 1952, onde cursou os seus estudos básicos e de bacharelato. Nos anos 70 estudou Informática na Universidade de Deusto, pioneira na incorporación destes estudos. Licenciado en Informática na primeira promoción da carreira nesta coñecida universidade xesuíta, posteriormente revalidou os seus estudos ante o tribunal, superando a proba conxunta para a colación oficial do Grao. É tamén doutor ‘Cum Laude’ pola UDC, e fixo a lectura e defensa da tese en 1993 no primeiro acto académico que acolleu o novo edificio da facultade.
Logo de rematar os seus estudos trasladouse a Galicia, onde aínda vive actualmente, e iniciou o seu desenvolvemento profesional en diversas empresas ás que sempre considerou a base da súa experiencia profesional. Inicialmente foi o director de informática do Grupo Conagra en España, composto por Saprogal, Bioter, Biona, Frigsa e outras compañías deste grupo de orixe estadounidense, un dos maiores e máis importantes do mundo no sector agropecuario. Tamén traballou en Norsistemas, empresa filial de informática de Unión Fenosa; foi xerente para Galicia da empresa Coritel do Grupo Andersen Consulting; e traballou no Grupo Fadesa como responsable da definición da organización, e tamén para o despregue de tecnoloxía TIC. No eido público, foi coordinador de informática na Deputación da Coruña, e colaborou co Concello da Coruña nun sistema de información urbanística para a aplicación do PXOM co fin de abrir a cidade ao mar.
Impulsor da Facultade de Informática da UDC e dos seus plans de estudos
Na súa figura como docente, Rodríguez Rubio participou activamente na promoción da idea e creación dos estudos universitarios de Informática na Coruña, primeiro na Escola Universitaria de Informática ao abeiro da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e despois na súa posterior transformación na Facultade de Informática da UDC.
Traballou tamén na elaboración e redacción dos plans de estudo para “responder a las necesidades de evolución tecnológica y de los modelos de contexto socioeconómico, y para aportar profesionalidad y un alto nivel de ingeniería en la materia de las TIC, tanto para el tejido empresarial como para diferentes organismos de la Administración pública o instituciones de I+D+i”. Exerceu a docencia desde o inicio da titulación, primeiro como profesor asociado, despois como titular e finalmente como catedrático. Actualmente, imparte clase en varias materias do Máster Universitario de Enxeñaría Informática (MUEI), ao seu parecer unha peza imprescindible, principal e moi eficiente da formación da facultade coruñesa. “Con mis alumnos me gusta trabajar formando equipos de proyecto, intentando dar a las materias un carácter profesionalizante e inculcándoles la idea de la relevancia de la profesión, motivándoles para que, en sus objetivos, persigan responsabilidades directivas y desarrollen metódicamente buenas prácticas de ingeniería, siempre viendo la importancia de su profesión y evitando situarse en posiciones que minoren su relevancia” –sinala–.
Nesta liña, Miguel Rodríguez Rubio destaca que a día de hoxe a participación dos enxeñeiros informáticos é crucial xa desde niveis estratéxicos das empresas, non só en cuestións técnicas como a construción de código, configuración de redes, despregues e equipamentos, senón que son os profesionais indicados para a análise de organizacións ou mesmo estudo de oportunidades. “La Ingeniería Informática es quizás la de más potencial y con mayor alcance del conjunto de las ingenierías, porque en ella se ampara la evolución de todas las disciplinas, incluyendo las ciencias aplicadas, medicina o educación”, sinala.
De maneira xeral, Rodríguez Rubio considera que as novas tecnoloxías son hoxe o “cuerpo y músculo” da evolución socioeconómica, pero engade que por si soas non garanten o seu correcto desenvolvemento, xa que deben ir acompañadas dunha evolución da cultura social, política e empresarial. “La informática supone una revolución, quizás la más importante, porque es la primera herramienta que apoya la mente”, comenta.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?