Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A AMTEGA libera unha serie de compoñentes transversais para desenvolver aplicacións e servizos web
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A AMTEGA libera unha serie de compoñentes transversais para desenvolver aplicacións e servizos web

Redacción
Publicado: 23/11/2020
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

forxa_transversais.jpgA AMTEGA publica como software libre unha serie de compoñentes propios, orientados a engadir funcionalidades comúns a aplicacións e servizos web. O código fonte liberado baixo unha licenza de software libre pode atoparse xa no repositorio de Software Libra da Xunta de Galicia. Con esta nova liberación preténdese poñer a disposición dos desenvolvedores, tanto particulares, empresas ou outras administracións diferentes módulos que foron desenvolvidos internamente, froito das propias necesidades e que poden resultar de utilidade para o desenvolvemento de calquera aplicación ou servizo web xenérico. Con isto favorécese a súa reutilización e foméntase a súa estandarización.
Esta liberación continúa a senda que iniciou a AMTEGA anos atrás, publicando como software libre unha serie de arquetipos software, que xurdiron tamén de necesidades internas, e que permitían a creación de esqueletos de aplicacións e servizos web baseados en tecnoloxía Java. Así, todos estes desenvolvementos que xorden das necesidades da propia administración redunda en crear un ecosistema de recursos de software libre que poden axudar a outras entidades de desenvolvemento de software e a creación dunha comunidade arredor dos mesmos.

Compoñentes transversais para o desenvolvemento de aplicacións e servizos web

Todas as aplicacións e servizos web teñen cousas en común, independentemente da súa temática e especialización particular, existen funcionalidades xenéricas que son comúns a calquera aplicación deste tipo, como pode ser por exemplo un sistema de autenticación de usuarios. A idea da elaboración destas pezas como recursos independentes que poidan ser reutilizados entre aplicacións foi o que deu na creación deste conxunto de compoñentes transversais.
Están feitos empregando as tecnoloxías do ecosistema Java, un dos máis habituais na elaboración de aplicacións web. Calquera aplicación feita nesta tecnoloxía pode incorporar de xeito moi sinxelo calquera destes compoñentes e ter cuberto así algunha das funcionalidades máis habituais e que toda aplicación precisa. No Repositorio de Software Libre da Xunta de Galicia pódese atopar o listado completo de compoñentes e ver que funcionalidades ofrecen.
Esta liberación enmárcase no Plan de Acción en materia de Software Libre da Xunta de Galicia e contou coa participación da Oficina de Software Libre da Amtega quen elaborou un informe técnico que garante a viabilidade xurídica da liberación e as condicións nas que se pode realizar. Os compoñentes publícanse cunha licenza libre ASLv2 (Apache Software License version 2) e tamén baixo a EUPL (European Union Public License).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?