Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A rede móbil de Vodafone é considerada a mellor de España por 6º ano consecutivo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Telefonía

A rede móbil de Vodafone é considerada a mellor de España por 6º ano consecutivo

Redacción
Publicado: 24/11/2020
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

2020_umlaut_03.jpgA rede de Vodafone volve ser a mellor do mercado español por sexto ano consecutivo, segundo o informe independente Umlaut Connect Mobile Benchmark España 2020 realizado por Umlaut e a revista Connect. A metodoloxía utilizada combina probas en coche (en movemento) e a pé (en estático) co fin de realizar medicións detalladas de voz e datos en circunstancias controladas Deste xeito obtense unha imaxe precisa da cobertura xeral dos servizos de voz e datos (con especial fincapé en 4G e 5G), as velocidades de descarga reais para os usuarios e a calidade do servizo de banda ancha, ao que contribuíron 267.000 usuarios españois cuns 1.100 millóns de mostras de medición entre mediados de maio e finais de outubro de 2020. Umlaut realizou unha análise exhaustiva desta extensa base de datos aplicando unha metodoloxía de crowdsourcing máis sofisticada que a utilizada en anos anteriores.
2020_umlaut_02.jpgPor sexto ano consecutivo, Vodafone é o gañador do Mobile Benchmark en España con 890 puntos obtidos sobre 1.000. O operador destaca nas categorías de voz e crowdsourcing (realizada con mostras enviadas por usuarios) e ofrece a maior cobertura 5G de España. Vodafone obtén os mellores resultados nas probas de coz. O informe destaca o aproveitamento do potencial que brinda VoLTE/ EVS e que proporciona unha excelente calidade de voz aos seus clientes. A rede de Vodafone destaca especialmente nas probas en coche, tanto en cidades como en vilas, onde acada un 91% e 97% de chamadas satisfactorias respectivamente. Nas probas a pé en cidades, este índice alcada o 99%.
2020_umlaut_01.jpgA competencia está rifada nos drivetests realizados nas cidades grandes e pequenas, mentres que nos walktests Vodafone mantén a primeira posición. Nos resultados das probas a pé realizadas en Barcelona, Bilbao, Madrid, Málaga, Murcia, Sevilla e Zaragoza, Vodafone mantén unha estreita vantaxe sobre o segundo competidor. Estes resultados son similares na estrada.
Vodafone, primeiro operador en España en despregar unha rede 5G comercial, achegou numerosas mostras da súa rede 5G segundo o estudo, especialmente polos drivetests e walktests realizados en grandes cidades de España con velocidades medias de ata 465 Mbps e velocidades pico de ata 887,5 Mbps. Os resultados demostran con claridade as vantaxes de velocidade de descarga que xa ofrece a tecnoloxía 5G actual de Vodafone.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Telefonía

Galicia, á cabeza das comunidades que concentrarán maior número de emprazamentos 5G

17/11/2026
Telefonía

Telefónica deixará de ser a operadora obrigada a prestar o servizo universal de telecomunicacións

06/11/2026
Telefonía

R levará a 5G con Orange a lugares moi illados de Galicia

30/10/2026
primeira_satelite_vodafone-ast.jpg
Telefonía

Deutsche Telekom, Orange, Telefónica e Vodafone poderían aliarse para ofrecer telefonía móbil por satélite

19/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?