Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A aceleradora BFAero escolle 28 proxectos finalistas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A aceleradora BFAero escolle 28 proxectos finalistas

Redacción
Publicado: 26/11/2020
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

bfaero-4jpg-a3d8-67dea-3.jpgA aceleradora do sector aeroespacial Business Factory Aero (BFAero), impulsada pola Xunta de Galicia (GAIN e IGAPE) no marco do Polo Aeroespacial de Galicia, vén de seleccionar 28 proxectos finalistas de entre as 85 candidaturas que se presentaron á fase de selección da súa terceira convocatoria. Estas 28 propostas vinculadas ao sector aeroespacial e dos vehículos non tripulados serán defendidas este 27 de decembro e o luns 30 de decembro en entrevistas técnicas e un pitch online ante o comité executivo.
O martes 1 de decembro daranse a coñecer os sete proxectos que finalmente entrarán nesta terceira edición da aceleradora, tres deles en fase de incubación e catro en aceleración.
Segundo informan GAIN e o IGAPE, Galicia é a Comunidade que máis proxectos achega nesta fase final, con dez (catro da provincia de Pontevedra, tres da Coruña e tres de Lugo). Os restantes proceden de Madrid (7), Cataluña (3), Comunidade Valenciana (3), Castela e León (2), Asturias, Euskadi e Aragón, cunha candidatura cada unha.
No referente ao tipo de programa ao que optan, a metade, 14, aspiran a entrar na fase de incubación e os 14 restantes na de aceleración. En canto ás áreas temáticas dos finalistas, destacan os proxectos relacionados coas tecnoloxías habilitadoras e co tratamento de datos e información, seguidas da automatización, cargas de pago e sistemas, deseño e produción, navegabilidade e fabricación. Tamén hai un proxecto finalista da nova área introducida nesta convocatoria para solucións contra a COVID-19.
Os promotores de BFAero destacan “o alto nivel técnico e calidade” da maioría das 85 candidaturas empresariais presentadas nesta edición, “o que fixo que excedesen o número mínimo de proxectos finalistas establecido nas bases da convocatoria”.
Os proxectos finalistas son os seguintes:
Para a fase de incubación:
• PHARMADRON
• Aerotaxi No tripulado
• Smartdrone
• Uso UAVs para Realidad Aumentada
• SOLARbotix
• VTOL de largo alcance
• DroneSuite
• CAMODrone
• DRONE4SAFE
• SIMULMAP
• SERENA2
• Inteligencia Artificial para el cubicaje forestal
• AT-Link & A14M
Para a fase de aceleración:
• SAQQARAH
• PrimeCor
• DroNDT
• OSSIE UARX Space
• ELECTRICGREEN, The Smart Grid Service Area.
• TRansporte basado en ENjambre de Drones (TREND)
• DIGITALIZACION FOTOVOLTAICA MEDIANTE DRONES
• Plataforma webGIS
• SITRfotovoltaica. Sistema de Inspección en tiempo
• CIES UAV SOLAR
• ATOM
• Diseño y producción de UAV”s ALA FIJA PLUS
• Aerial Insights
Os dous proxectos máis apoiados na votación popular foron:
• UAV 5G (Incubación)
• Aerocovid (Aceleración)

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?