Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta destinou 31 millóns de euros en axudas á dixitalización dende o inicio da pandemia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta destinou 31 millóns de euros en axudas á dixitalización dende o inicio da pandemia

Redacción
Publicado: 27/11/2020
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20201128_feijoo_02.jpgO presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe a aposta da Xunta pola dixitalización coa activación de axudas por un importe de 31 millóns de euros desde o inicio da pandemia. Un fondo, dixo, que inicialmente era de 28 millóns de euros e que foi ampliado en outubro debido ao éxito dalgunhas das medidas.
Durante a súa participación no Foro estratéxico Talentia Summit 2020, enumerou algunhas das liñas que contempla este plan de axudas como: o Cheque Dixital, o Galicia Exporta Dixital, a Dixitalización de pemes e Dixitalización de sectores 4.0 ou o Comercio Electrónico. A este respecto, o titular do Goberno galego asegurou que no mundo post-pandemia a innovación, a dixitalización e o talento serán as chaves «que nos abran as portas do futuro».
20201128_feijoo_03.jpgFeijóo salientou que se ben a COVID-19 freou o desenvolvemento de moitas empresas e emprendedores, a Xunta seguirá apoiando as súas iniciativas. E, nese sentido, lembrou que o Goberno galego está centrado en reter o talento a través de distintos plans que se axustan ás novas necesidades das empresas e aos novos perfís de traballadores.
«O que temos que facer os gobernos é ser útiles e, polo tanto, apoiar o talento onde se dea: nunha facultade, nun instituto, nunha empresa, nunha explotación gandeira, nunha peme… porque o talento define a un país e a unha terra», abundou, referíndose, a modo de exemplo, ao plan Profesionais 4.0, posto en marcha para impulsar a especialización e o acceso ao mercado laboral dos mozos con titulación universitaria ou cun ciclo superior de FP; ao Programa Principia, con axudas de 10.000 euros para a contratación de mozos cualificados para actividades de I+D+i; ou aos programas Talento 2021 e Talento Sénior.
O presidente da Xunta dixo non querer «caer no triunfalismo, pero si nun optimismo racional», trasladando o obxectivo de que o Goberno galego aprobe este mes a súa Estratexia de dixitalización ata o ano 2030. «E, o primeiro que fixemos nestes Orzamentos para 2021 é dedicar á dixitalización da administración pública 45 millóns de euros», precisou, incidindo en que todo o que significa talento, innovación e dixitalización é a base do emprego, «e o emprego é a base dunha sociedade do benestar».

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?