Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: R salienta a importancia da Intelixencia Artificial para avanzarmos en competitividade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

R salienta a importancia da Intelixencia Artificial para avanzarmos en competitividade

Redacción
Publicado: 27/11/2020
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

r_circulo_transformacion_foro.jpgNa mañá deste venres 27 celebrouse en formato online o almorzo dixital Claves para rendibilizar ao máximo os datos da túa empresa. Organizado polo Círculo de Empresarios de Galicia e máis R, os expertos reunidos no encontro virtual coincidiron en salientar “a importancia vital da información e do dato nas organizacións para asegurar o crecemento e a competitividade de negocios e empresas en todos os sectores”.
Así o subliñaron os dous especialistas en transformación tecnolóxica do operador galego e do Grupo Euskaltel que pilotaron este encontro ao que se conectaron medio centenar de representantes
de alta dirección de empresas: por unha banda Miquel Gil, responsable comercial de Intelixencia Artificial de R e do Grupo, e pola outra Alberto Díaz Freire, responsable de Transformación dixital de R e do Grupo Euskaltel.
Gil fixo fincapé na necesidade de planificar a innovación e asegurou que “levamos tempo escoitando o concepto de Intelixencia Artificial e mesmo algunhas compañías xa comezaron a adaptar este tipo de tecnoloxías nos seus procesos. A realidade demóstranos que en todo caso cómpre deseñar sempre unha estratexia para acadar o éxito e tirarlle o máximo partido a estas solucións”.
Pola súa banda Alberto Díaz Freire, puxo o acento en que o dato se está a converter no activo máis importante das empresas. “Todo deixa rastro dixital e é posible obter a información completa do negocio, dos clientes e dos procesos en tempo real. Por iso, a adaptación das empresas aos novos tempos implica asumir de cheo o proceso de transformación dixital, xa que a tecnoloxía e a innovación seguirán a ser a panca clave do desenvolvemento empresarial, imprescindible para competir ao máis alto nivel dentro e fóra das nosas fronteiras”, comentou.
Nesta liña pero dende outra perspectiva tamén falou este mércores, no foro Capacita Directivos sobre Empresa Intelixente, José Penas, director de Grandes Contas de R e de Telecable. Penas centrouse na transformación dixital como “factor decisivo da recuperación económica” e subliñou que “a posta en valor das infraestruturas de telecomunicación permitiunos e segue a permitirnos afrontar a situación de pandemia e aliviar en parte os seus prexuízos nas nosas contornas (…) Nesta crise sanitaria estase a producir unha aceleración incrible da transformación dixital das empresas, feito que coincide no tempo co despregue das redes ultrarrápidas 5G: e isto aínda vai acelerar máis este proceso, se cabe”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?