O Concello Coruña, a través de Coruña Dixital, impulsa este semana unha nova sesión das Distopías Cotías, o ciclo de encontros mensuais argallado en colaboración coa Rede Municipal de Bibliotecas e co obxectivo de crear un escenario de participación e diálogo para dialogar sobre a fonda transformación que estamos a experimentar co afianzamento das novas tecnoloxías.
Desta volta, o fío condutor da xuntanza será a Carta de Dereitos Dixitais, elaborada por un conxunto de especialistas por iniciativa do Goberno de España, actualmente en fase de consulta, co fin de achegar, sobre o papel, un marco estable de protección da privacidade e garantir escenarios dixitais máis seguros e protexidos, entre outras cousas.
Para tratar estes e outros temas o programa Distopías organizará unha conversa coa comunidade de Trackula, formada por Sofía Prosper, Santiago Saavedra e Pablo Castro quen, xunto a outras voces, están a preparar unha resposta á consulta pública da Carta. No coloquio falarase cos integrantes de Trackula da forma e do contido do documento e abordaranse suxestións e críticas construtivas.
Esta nova cita de Distopías Cotiás celebrarase este mércores 2 de decembro (a partir das 19.30 horas) e poderémola seguir en directo a través da canle de YouTube de Coruña Dixital. Coma sempre, estará aberta ás preguntas, ideas e suxestións que nos apeteza compartir.
Distopías Cotiás pon o foco este mércores na Carta de Dereitos Dixitais
Compartir Este Artigo

