Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A galega Primux crea unha nova liña de produción en San Cibrao das Viñas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A galega Primux crea unha nova liña de produción en San Cibrao das Viñas

Redacción
Publicado: 01/12/2020
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

primux1.jpgA empresa galega Primux, con sede principal na Tecnópole e centrada no subministro de material informático (computadores, portátiles, tabletas, smartphones, cámaras e accesorios informáticos diversos), vén de crear unha nova liña de traballo que segundo as previsións do equipo directivo permitiralle achegar ao mercado máis de 400 computadores dende o seu novo centro de operacións no Polígono de San Cibrao das Viñas (Ourense). En palabras dos responsables de Primux, esta nova vertente converte á empresa galega “en fabricante español de ordenadores, a través do certificado CE, emitido por laboratorios estatais independentes”.
primux2.jpgEn concreto, dispor do marcado CE -de Conformidade Europea- nos equipos resultantes da nova liña de produción supón “un certificado de calidade que garante que os nosos equipos se producen en España”, explican dende Primux, engadindo que nas naves do Polígono de San Cibrao están xa a pleno rendemento desenvolvendo ordenadores de sobremesa, tanto dedicados ao gaming e aos videoxogos, como PCs de fogar e de empresa, e tamén realizan a ensamblaxe de torres. A empresa galega engade que a ampliación das instalacións incrementará a competitividade da compañía “ao acelerar e mellorar os procesos de produción e ensamblaxe dos produtos, procesos que ata o de agora se realizaban en Asia; ademais, supón un importante aforro en loxística, ao tempo que se mellora no control de calidade dos produtos”.
Primux indica que nas novas instalacións xa comezaron a producirse máis de 400 equipos diarios e que, ademais, teñen capacidade para ser ampliadas con catro liñas máis, o que suporía unha produción de ata 1.600 unidades por día.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?