Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O comercio da provincia de Lugo collerá impulso este Nadal nas redes sociais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O comercio da provincia de Lugo collerá impulso este Nadal nas redes sociais

Redacción
Publicado: 01/12/2020
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

depu_lugo_campana_comercio.jpgA Deputación e a Federación de Comercio de Lugo asinaron un novo convenio de colaboración para o impulso da campaña Este Nadal, o comercio de Lugo máis preto de ti, unha iniciativa con marcada vertente tecnolóxica para a promoción dos establecementos de proximidade e revitalización do tecido produtivo. En concreto, a iniciativa acompáñase da web www.lugonadal.com e dun cancelo, #lugonadal, que complementará a intensa promoción que levarán a cabo os establecementos nas redes sociais.
Os presidentes da entidade provincial e da federación lucense, José Tomé e José María Seijas, foron os encargados de formalizar a alianza, que ten o obxectivo de “promover as compras nos pequenos comercios ao tempo que se fortalece a seguridade sanitaria”. A Deputación achega á campaña 52.000 euros. En total, bríndase apoio a 5.500 comercios da provincia.
Tomé fixo saber que esta nova colaboración enmárcase no compromiso da Deputación de “traballar da man cos propios sectores produtivos para axudar na recuperación do emprego e da actividade económica da provincia”. Nesta liña, explicou que a institución provincial dedica 30 M€, un terzo do total do orzamento, a Políticas Sociais “porque cremos que é o mellor modo de garantir a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas, sobre todo dos máis vulnerables”.
Tomé Roca animou á veciñanza a facer as súas compras de cara ao Nadal “nos comercios da súa localidade ou do seu barrio, nas tendas que teñen máis preto, coa seguridade de que cada transacción terá así un dobre valor, o valor do agasallo que lles facemos a familiares ou amigos nun ano tan complicado, e o valor engadido de saber que contribuímos a manter postos de traballo, a manter o noso estilo de vida e manter a nosa identidade como provincia”.
A campaña desenvolverase dende o 6 de decembro ao 6 de xaneiro. Durante estes días, as persoas que merquen en calquera dos establecementos da provincia participarán no sorteo de 40 premios por valor de 10.000€, que poderán reinvestir en novas compras dos comercios adheridos á campaña. Concretamente, serán 20 tarxetas agasallo de 300€ e outras 20 tarxetas de 200€. Así mesmo, durante este período os comercios incentivarán as compras nos seus locais con material promocional nas rúas e baixo o cancelo #lugonadal en redes sociais.
Como participar
Unha vez feita a compra nun comercio local, as persoas interesadas deberán fotografar e rexistrar o seu tícket de compra en www.lugonadal.com ou solicitar o seu rexistro ao comerciante. O sorteo ante notario será o 14 de xaneiro de 2021.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?