Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Instagram acolle estes días a terceira edición do ciclo Usa a Lingua
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Instagram acolle estes días a terceira edición do ciclo Usa a Lingua

Redacción
Publicado: 02/12/2020
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

usa_a_lingua_125935103_3843923622337368_3955031389871338247_n.jpgEstes días estase a celebrar, co impulso da axencia júnior de publicidade Freshysweet (integrada por estudantes da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación do Campus de Pontevedra), un ciclo de coloquios e actuacións para “promover, normalizar, estender e fomentar o uso do galego entre a mocidade”. Trátase do programa Usa a Lingua, que se desenvolve a través da rede social Instagram.
A situación sanitaria xerada pola COVID-19 obrigou neste 2020 a trasladar a un formato virtual unha iniciativa que en anteriores edicións levou a Freshysweet a promover diferentes actividades na facultade. “Pensamos que Instagram era a rede social perfecta para levar a cabo o evento nestes tempos”, sinala este grupo de alumnos e alumnas, que lembran que se trata da plataforma que reúne máis xente nova, con máis dun 36% de usuarios e usuarias menores de 24 anos.
Un coloquio co noso cómico e actor David Amor abriu na tarde deste luns o programa de actividades desta terceira edición de Usa a Lingua, que abrangue unha serie de coloquios con persoas “de grande interese nos eidos da comunicación, música e cultura galega”, xunto coas actuacións musicais de The Rapants e Dakidarría na tarde do venres. Conducido polo estudante Vinto Tajes, este primeiro coloquio permitiu afondar na traxectoria do devandito humorista e deportista galego.

Cinco días de actividades

pousalingua1.jpgPara esta edición virtual, as e os integrantes de Freshysweet seleccionaron unha serie de convidados que, sinalan, “son referentes en redes sociais que teñen algo que dicir a prol da protección da nosa lingua”. Así, tralo coloquio deste luns con David Amor, a actividade continúa este martes, tamén ás 16.00 horas, cun coloquio, conducido pola alumna Sarai Mariño, con Patricia Hermida, responsable de formacións musicais como Heredeiros da Crus e Agoraphobia, con quen, indican desde Freshysweet, “falaremos do seu labor como xestora de grupos galegos”.
Nesa mesma xornada, ás 19.00 horas, sumarase ao evento Dani Irimia, protagonista da última campaña publicitaria da cadea Gadis. O mércores, Tajes conducirá o coloquio cos responsables da empresas de produtos en galego Aí Falaches!, mentres que o xoves ás 16.00 horas, celebrarase un coloquio, moderado por Cristina Martínez, coas persoas responsables de Orgullo Galego, “a conta de Instagram e Facebook dedicada á defensa da lingua galega con máis seareiros, 300.000 entre ambas redes sociais”.
A terceira edición de Usa a Lingua completarase o venres, coas actuacións musicais, en directo a través desta rede social, dos grupos Dakidarría e The Rapants, programados para ás 19.30 e 20.30 horas, respectivamente.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?