Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Código Cero e Ollar obteñen o Premio Lingua e Empresa 2020 do Concello de Ames
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Código Cero e Ollar obteñen o Premio Lingua e Empresa 2020 do Concello de Ames

Redacción
Publicado: 03/12/2020
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

cartel_do_iii_premio_lingua_e_empresa.jpgO xurado da terceira edición do Premio Lingua e Empresa 2020 do Concello de Ames vén de recoñecer co dito galardón a nosa empresa, o Grupo Código Cero Comunicación, con sede no Polígono de Milladoiro (Ames), polo uso irrenunciable do galego para o seu principal cometido como medio informativo: dar conta das principais novidades do ámbito das novas tecnoloxías relacionadas coa nosa terra e co noso progreso dixital.
O xurado decidiu por unanimidade distinguir co dito galardón a aposta dupla polo galego de Código Cero: na súa vertente en liña e na súa vertente en formato tradicional (a revista mensual en papel).
O Premio Lingua e Empresa tamén recoñeceu a Ollar, centro óptico e auditivo.
Trátase da terceira edición deste premio posto en marcha polas concellarías de Normalización Lingüística e de Promoción Económica. A través desta iniciativa preténdese “recoñecer publicamente a contribución ao aumento e á mellora do uso social do galego dende o ámbito empresarial, así como promover o uso da lingua galega na actividade económica do concello de Ames”.
Nesta edición o premio establecía dúas categorías, dotadas cada unha delas con 1.500€ máis unha campaña de difusión na radio de Ames.
Na categoría A, de uso consolidade da lingua, na que participaban “empresas que realizan un uso estable e continuado da lingua galega dende hai máis de dous anos”, a empresa gañadora foi o noso grupo, Código Cero, polo “seu labor decidido e comprometido a prol da normalización lingüística no eido da comunicación, nomeadamente no ámbito tecnolóxico”. O xurado destacou “a aposta pola lingua galega como elemento de marca, o impacto da publicación e a relevancia da súa actividade”.
Na categoría B, nova incorporación ou creación, participaron “empresas que se crearon nos últimos dous anos ou que se incorporaron ao galego dentro dese mesmo período”. A firma premiada foi finalmente Ollar, por “incorporar a lingua á súa actividade de maneira regular, coherente e implicada, apostando claramente polo galego en todos os eidos, tanto internos como externos”.
As entidades participantes deste 2020 pertencían a diferentes ámbitos: medios de comunicación, parques infantís, centros visuais e auditivos, clínicas dentais, estudos fotográficos, grupos musicais, despachos xurídicos, xestorías, empresas de deseño, artes gráficas etc.
O xurado, reunido o pasado 1 de decembro para decidir os galardoados, estivo formado por Antía Cidre Pereira, de Pestiscos Gastrobar, unha das empresas gañadoras da pasada edición, Miguel López Crespo, xecretario xeral da Unión de Consumidores de Galicia e Antía Rei Martiz, graduada en Lingua e Literatura Galegas e colaboradora no Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames. En representación do Concello de Ames participaron na xuntanza do xurado o técnico de Promoción Económica, Jorge Couñago Castro, e a técnica de Normalización Lingüística, Rosa Moreiras Cuñarro.
O uso do galego no tecido socioecomómico sempre suma
Os membros do xurado destacaron “a responsabilidade social, o gran traballo e a alta calidade de todos as empresas candidatas ao Premio Lingua e Empresa”, dado que “todas elas están a desenvolver un gran labor a prol da normalización dos usos lingüísticos en galego no ámbito empresarial e, máis concretamente, no sector en que cada empresa se insire”.
Ademais, engadiron, “todas elas son unha mostra de que o uso do galego no tecido socioeconómico sempre suma e nunca resta calidade á oferta empresarial”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?