Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CiTIUS acolle unha charla sobre o incerto futuro de Europa no ámbito da Intelixencia Artificial
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CiTIUS acolle unha charla sobre o incerto futuro de Europa no ámbito da Intelixencia Artificial

Redacción
Publicado: 03/12/2020
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

citius_charla_ia.jpgO centro compostelán CiTIUS acolle este venres unha charla sobre o futuro da Intelixencia Artificial e as súas implicacións sociais, co foco posto na paradigma europeo. Contarase coa presenza de Andrés Pedreño e Luis Moreno, autores do libro Europa fronte a EEUU e China. Previr o declive na era da Intelixencia Artificial, no que expoñen como varias décadas nefastas de políticas económicas e de sobre-regulamento dixital leváronnos á actual fenda tecnolóxica que, de non corrixirse, “terminará por sentenciar o benestar e o emprego de millóns de europeos e europeas”. De feito, explican, Europa móstrase cada vez máis como unha potencia económica de segunda orde, dependente no tecnolóxico de China e Estados Unidos. A charla poderá seguirse en liña.
Na súa crítica, Pedreño e Moreno propoñen un cambio de discurso achegando posibles solucións en materia de educación, xestión dos recursos públicos, ou desenvolvemento emprendedor. Medidas todas elas que deben ser escoitadas e aplicadas con urxencia para que Europa poida impulsar o seu benestar na cuarta Revolución Industrial, engaden.
Sobre os relatores
Andrés Pedreño é catedrático de Economía Aplicada e doutor honoris causa pola Nottingham Trent University (Reino Unido). Reitor da Universidade de Alacante durante o período que vai de 1993 a 2000, é o fundador e conselleiro delegado de Universia (2000-2004), plataforma con máis dun milleiro de universidades de 20 países. Autor de medio centenar de libros relacionados coa economía española, a educación e o mercado de traballo e a economía dixital. Nos últimos 20 anos desenvolveu proxectos de tecnoloxía e varias startups de éxito nacional e internacional. É fundador da Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes (Premio Stanford University á mellor biblioteca dixital).
Luis Moreno é profesor do Departamento de Análise Económica Aplicado da Universidade de Alacante e membro investigador do Instituto de Economía Internacional. É licenciado en Economía na Universidade de Alacante en 2007, mestrado en Cooperación Internacional e Xestión de Proxectos en 2009, e doutor internacional, con premio extraordinario de doutoramento, en 2013. As súas áreas de investigación céntranse na economía da innovación e a economía do turismo, nas que publicou en distintas revistas internacionais de distintos ámbitos sociais e económicos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?