Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os capítulos da miniserie documental Camiñantes do noso estrearanse no Portal da Lingua Galega
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os capítulos da miniserie documental Camiñantes do noso estrearanse no Portal da Lingua Galega

Redacción
Publicado: 03/12/2020
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

caminantes_do_noso_presentaicon.jpgO actor e director Rubén Riós e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participaron este martes primeiro de decembro na presentación de Camiñantes do noso, unha miniserie documental xurdida ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 da Xunta de Galicia que pon en valor a visión dos anciáns sobre o Camiño de Santiago. A cita celebrouse no salón de actos do Pazo de San Roque, en Compostela.
Segundo explicou Valentín García, Camiñantes do noso “ten o acerto de poñer en valor o papel da xeración dos nosos anciáns e anciás na creación da Galicia presente e futura, en destacar todo o que nos transmitiron”, indicou, salientando o acerto desta produción audiovisual á hora de pór as antigas xeracións como modelo, “porque as xeracións máis novas temos a responsabilidade de recoller ese legado e entregarllo aos que veñen atrás nosa”. Xunto co secretario xeral de Política Lingüística participou na presentación Rubén Riós, protagonista, autor e produtor do proxecto.
Camiñantes do noso, produción de Claqueta Coqueta é unha miniserie documental de 10 capítulos no que o autor percorre as dez etapas da Vía da Prata que separan A Canda de Santiago. Os testemuños das persoas que interveñen no audiovisual xiran en cada programa arredor dun tema, como o Camiño de Santiago, o abandono rural, a soidade, a actual crise sanitaria, a familia, o orgullo galego, a violencia de xénero ou o emprendemento empresarial.
Os 10 capítulos de Camiñantes do noso iranse publicando semanalmente a partir deste venres, e ata o 5 de febreiro de 2021, no Portal da Lingua Galega, onde se pode ver un adianto da miniserie.
Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021
O Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021, ao que pertence Camiñantes do noso, é un repositorio de contidos creativos de interese cultural en lingua galega creado pola Xunta de Galicia no marco do Plan de reactivación do sector cultural fronte aos efectos derivados da COVID-19. O repositorio, integrado por contidos virtuais e presenciais, así como por outros servizos de materiais e produción, persegue os obxectivos de dinamizar a lingua propia de Galicia, inxectar fondos e apoiar artistas, creadores e empresas do eido cultural no contexto da crise sanitaria e abrir unha vía para a continuidade e visibilidade da oferta e do consumo de propostas lingüísticas e culturais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?