Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UVigo é a segunda universidade do ámbito estatal en materia de transparencia voluntaria
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UVigo é a segunda universidade do ámbito estatal en materia de transparencia voluntaria

Redacción
Publicado: 04/12/2020
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_universidade_de_vigo_estudantes.jpgA web da Fundación Compromiso e Transparencia vén de recoñecer os esforzos das nosas tres universidades en materia de transparencia voluntaria. Especialmente destacable é papel xogado no ranking estatal pola Universidade de Vigo feito pola dita entidade, que foi quen de poñerse na segunda posición das universidades españolas.
Máis polo miúdo, segundo o Informe de transparencia voluntaria en la web de las universidades españolas, entendendo por transparencia voluntaria na web “o esforzo por difundir e publicar a información relevante da organización, facéndoa visible e accesible a todos os grupos de interese de xeito íntegro e actualizado”, a UVigo acadou o segundo posto da clasificación das universidades públicas e privadas do país, empatada a 50 puntos coas universidades de Burgos e Oviedo, e só por detrás da Rey Juan Carlos e Cantabria, que acadan os 51 puntos e ocupan o primeiro posto da clasificación. Respecto do informe do ano pasado, a institución académica viguesa, a primeira de Galicia (a de Coruña sitúase no posto 17 e a de Santiago no 27), suma seis puntos máis, ao rexistrar melloras en varios dos indicadores avaliados pola Fundación Compromiso e Transparencia.
“Para nós é importante acadar este posto no ranking porque somos unha universidade pública e a posición nesta clasificación, e tamén no índice de transparencia Dyntra, sitúanos como unha das administracións públicas máis transparentes do estado español e probablemente a máis transparente de toda a comunidade autónoma de Galicia”, explicou Maribel Doval, vicerreitora de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación, para quen este recoñecemento está a transmitir un modelo de gobernanza e o cumprimento dunha obriga como universidade pública, que é o de ser o máis transparente posible e comunicalo ao público.
O Informe de transparencia voluntaria en la web de las universidades españolas avalía un total de dez indicadores que abranguen desde o plan estratéxico, á oferta e demanda académica, pasando polo PDI, alumnado, a información económica ou os resultados (labor investigador, rendemento académico e satisfacción do alumnado ou visualización en clasificacións nacionais e internacionais), atendendo a visibilidade, accesibilidade, actualidade e integralidade do contido da información, que as institucións académicas proporcionan nas súas páxinas web.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?