Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: AMTEGA enfía 2021 cun orzamento de preto de 195 millóns de euros
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

AMTEGA enfía 2021 cun orzamento de preto de 195 millóns de euros

Redacción
Publicado: 04/12/2020
8 Min de Lectura
Compartir
8 Min de Lectura

Mar Pereira nunha sesión recente de comunicación telemática
Mar Pereira nunha sesión recente de comunicación telemática
A Axencia para Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) comezará 2021 fortalecida para o desenvolvemento da súa actividade, centrada en activar medidas e colaboracións que nos fagan avanzar dixitalmente. En concreto, contará cun orzamento un 48% maior e cun investimento que medra nun 75% para, en palabras da axencia que dirixe Mar Pereira, “favorecer a vida no rural, contribuír a impulsar o emprego e atraer talento dixital na Comunidade”. Amais, rematarase a extensión de redes de alta velocidade (de 100 Mbps) en máis de 600 núcleos do rural e implantarase a educación integramente dixital en terceiro e cuarto da ESO.
En concreto, o orzamento para o ano vindeiro será de 194.072.386 euros, 63 millóns de euros máis que no exercicio anterior. Trátase, sinalou a axencia, “dun orzamento para avanzar na transición dixital que marca Europa, consolidar uns servizos públicos do século XXI, favorecer a vida no rural e contribuír a impulsar o emprego e atracción de talento dixital na Comunidade”.
Así o explicou a directora da AMTEGA, Mar Pereira, durante a súa comparecencia na Comisión de Economía, Facenda e Orzamentos do Parlamento de Galicia para detallar as contas do seu departamento para o vindeiro ano, no que se destinarán máis de 152 millóns de euros, case un 75% máis que en 2020, a investimentos que poñen o foco en cinco áreas: a dixitalización do sector público; o impulso á dixitalización dos sectores económicos; a conformación dun territorio intelixente e conectado; á inclusión e a capacitación dixital da sociedade e ao reforzar o ecosistema dixital.
Pereira engadiu que “son os primeiros orzamentos da axencia pública que integran as partidas orzamentarias do CIXTEC” co que, segundo sinalou a directora, “avanzamos na consolidación das capacidades dixitais da administración autonómica nun momento de importantes proxectos de transformación dixital na Comunidade”.
Dixitalización do sector público
Os orzamentos da AMTEGA contemplan preto de 100 millóns de euros para os plans de dixitalización do sector público, tanto da administración xeral, como da xustiza, a educación, as políticas sociais, o emprego e as infraestruturas dixitais corporativas.
Segundo informou Pereira, “no ano 21 duplícase o investimento para avanzar cara a unha administración dixital e automatizada, incrementando os servizos online baixo o proxecto A Xunta no móbil, acompañando o novo regulamento do teletraballo cun plan de dotación do posto dixital avanzado do empregado público”. No eido da facenda pública, dixo, avanzarse cara un modelo integral de atención ao contribuínte e aplicaranse tecnoloxías avanzadas na procesos de loita contra.
No ámbito xudicial o obxectivo é estender o expediente xudicial electrónico, levando o modelo de salas de vistas dixitais ao 80% das salas e acadar o 100% con sistema de vídeo-conferencia, ademais de impulsar o teletraballo dos profesionais da xustiza.
No que respecta a educación dixital ampliarase a iniciativa E-Dixgal a 3º e 4º da ESO, con novos contidos curriculares e reforzaranse as infraestruturas e os servizos dixitais que se prestan a todos os centros educativos e familias.
En canto á dixitalización dos servizos sociais a directora da axencia dixo que se vai lanzar o Portal eSocial, a plataforma Asiste, para facilitar de xeito gratuíto aos maiores un “asistente social no móbil”; e, tamén procederase a arrincar o Plan de Impulso ao Modelo Dixital Sociosanitario no ámbito residencial da man da Consellerías de Política Social e Sanidade.
Na área de emprego, con 2,9 millóns de euros abordarase a posta marcha dun plan de dixitalización do sistema público de emprego.
Tamén e vai ampliar o CPD integral da Xunta de Galicia.
Impulso á dixitalización de sectores económicos
Mar Pereira engadiu que en 2021 investiranse máis de 20 millóns de euros na dixitalización dos sectores primarios, cultural, turístico e en facilitar a transformación dixital do tecido empresarial. A xestión avanzada das explotacións agrarias, a través da plataforma Agro 4.0, a potenciación do sistema de vixilancia de incendios ou a extensión da iniciativa de dixitalización lonxas 4.0 a 35 rulas son algunhas das medidas para os sectores primarios.
Segundo explicou máis en detalle, “continuarase avanzando na transformación dixital do sectores turístico e cultural incrementando os medios tecnolóxicos as oficinas de turismo; provendo de cobertura Wi-Fi aos albergues públicos do Camiño; ampliando a Rede Dixital de Bibliotecas de Galicia coa integración de 450 novas bibliotecas, e coa posta en marcha do proxecto Galiciana Semántica, baseado nun modelo de xeración e grafos de coñecemento”.
Por outra banda, impulsarase a transición dixital a máis de 200 pemes e autónomos, a través do programa Reacciona, no que colabora a AMTEGA, e impulsarase o sector dos contidos dixitais cunha nova plataforma de contido dixitais interactivos para nenos en idade escolar, en colaboración coa TVG.
Territorio intelixente e conectado
De xeito complementario ao Estado, seguirase mellorando a conectividade co remate da extensión de fibra óptica en 614 núcleos do rural; co inicio do plan de mellora de cobertura móbil en zonas illadas e cunha nova convocatoria para achegar as redes ultrarrápidas ás empresas que se atopan en zonas de conectividade limitada.
Ademais abordarase o desenvolvemento da Plataforma Territorio intelixente, que sobre unha base cartográfica e a través de tecnoloxías avanzadas, permitirá mellorar a toma de decisións para o desenvolvemento rexional e das estratexias de sustentabilidade ambiental.
Inclusión e capacitación dixital
No 2021 con máis de 10 millóns de euros o abordarase a reconfiguración das aulas CeMIT adaptándoas as novas demandas de capacitación dixital, desenvolveranse preto de 40 actuacións do Plan Talento Dixital parar “reducir a fenda crecente entre a demanda e a dispoñibilidade de talento dixital” e porase en marcha o Marco Galego de Competencias Dixitais para “que cidadáns e empregados públicos poidan acreditar os coñecementos e habilidades que require o actual contexto dixital”.
Impulso ao ecosistema dixital
O impulso ao ecosistema dixital contará con 11 millóns de euros que permitirán, entre outras medidas, a apertura a principios de ano do Centro Gaiastech, un espazo de demostración e experimentación tecnolóxica, a posta en marcha o Programa Gobtech para impulsar uso de tecnoloxías avanzadas por parte do sector publico en colaboración coas pemes e start-ups galegas e facilitar un un catálogo de servizos. través do Nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal, para fortalecer as capacidades en ciberseguridade da sociedade e a economía galega.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?