Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Nova páxina web sobre o universo de Isaac Díaz Pardo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Nova páxina web sobre o universo de Isaac Díaz Pardo

Redacción
Publicado: 07/12/2020
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

isaacdiazpardo_gal.jpgA Xunta presentou hoxe na Cidade da Cultura a páxina web Isaac Díaz Pardo. Memoria viva que procura ser un espazo de referencia onde concentrar todo o universo do impulsor de achegas tan relevantes para Galicia como Sargadelos, o Laboratorio de Formas, Ediciós do Castro, o Instituto Galego de Información ou o Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside.
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, explicou a importancia deste viveiro virtual, desenvolvido en colaboración coa AMTEGA, que achegará a figura de Díaz Pardo tanto ao público xeral como aos investigadores especializados na súa obra. Neste senso, adiantou que funcionará como centro dixital de recursos (documentos históricos, vídeos, fotografías, material didáctico) e como «complemento que reforce e amplíe» a primeira grande exposición sobre Díaz Pardo tras o seu falecemento en 2012, As miradas de Isaac.
O conselleiro estivo acompañado na presentación polos fillos de Díaz Pardo e comisarios da exposición: Xosé e Camilo Díaz Arias de Castro, ambos asesores e revisores principais desta páxina, á que lle cederon moito do material que a conforma. A rolda de prensa contou tamén coa participación de María América Díaz Pampín, que dirixiu este proxecto, e polo secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo.

Contidos
  • Manter vivo o legado de Díaz Pardo
  • Proximamente tamén en inglés
  • Dixitalización do patrimonio cultural

Manter vivo o legado de Díaz Pardo

No acto, Román Rodríguez valorou o feito de que partir deste momento se dispón dunha gran «fonte de información accesible, ordenada e gratuíta sobre un dos galegos máis relevantes do século XX». «Trátase de manter viva con esta ferramenta a obra, o pensamento e a memoria de Díaz Pardo, e tamén con el, unha memoria colectiva, unha das súas principais inquedanzas», enxalzou.
Sobre a relevancia deste novo recurso, gabou que a web facilite a actualización con novas incorporacións, «sendo un recurso de divulgación sempre vivo da súa figura e obra», á vez que amosou a satisfacción porque grazas a este portal pódese «amosar e acceder en aberto todo este importante material dun personaxe imprescindible».
Neste senso, María América Díaz destacou que este espazo web, deseñado por Costa Comunicación Audiovisual, vaise converter «nunha das guías máis importantes» para achegarse á historia de Díaz Pardo xa que «unifica, concentra e pon en orde todo o inxente material dispoñible e disperso con máis de 150 documentos que se poden descargar».
En concreto, enxalzou as achegas únicas que se poden atopar neste espazo como listaxes de embarque de 1957 e 1960 de Vigo a Buenos Aires onde aparece como pasaxeiro; documentación do Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra; ou o catálogo da súa mostra en Londres no ano 1947.

Proximamente tamén en inglés

María América Díaz adiantou na súa intervención que a web estará en breve tamén en inglés e debullou os contidos nos que se estrutura a páxina web. En total, son oito seccións baseadas nas seguintes temáticas: Vida, Familia, Amizades, Obra, Laboratorio de formas, Empresas, Fontes de estudo e Ao redor de Isaac.
Todas elas están interconectadas, polo que é posible navegar dun xeito sinxelo a outra seguindo o interese de cada usuario e mediante ligazóns.

Dixitalización do patrimonio cultural

A páxina web Isaac Díaz Pardo. Memoria viva enmárcase dentro dos proxectos da Xunta de Galicia de dixitalización de importante patrimonio cultural, como foi o da recente iniciativa de dixitalizar os 144 exemplares da revista Nós coincidindo co centenario de saída do prelo do primeiro número.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?