O Colexio Oficial de Farmacéuticos de Ourense (COFO) destinará 4.000 euros a financiar diversas accións solidarias que levan a cabo as organizacións Cruz Vermella e a Escola Rural de Saúde da Limia. Amais das Merendas Saudables, iniciativa que se dirixe a favorecer o crecemento de nenos e nenas pertencentes a familias en risco de exclusión social que participan nos proxectos de Cruz Vermella Mocidade, o programa inclúe unha iniciativa para combater a fenda dixital en fogares vulnerables e fomentar a súa plena participación na sociedade dixital. Esta liña de acción conta co apoio da firma de telecomunicacións R, coa que o Colexio Oficial de Farmacéuticos leva anos traballando de maneira estreita.
En concreto, a operadora galega doou 175 cartóns SIM con 20 GB de datos cada unha delas para nenos de entre 6 e 16 anos. Esta axuda farase efectiva ao longo dos seis próximos meses, ata o final do curso escolar 2020-21 e a través de Cruz Vermella, “co obxectivo de poder favorecer o acceso a Internet dos máis pequenos nun contexto de especial dificultade para moitas familias debido á pandemia”, sinalou o presidente do COFO, Santiago Leyes Vence.
R achega 175 cartóns SIM con 20 GB ás familias en risco de exclusión dixital
Compartir Este Artigo

