Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Galiciencia chega á súa segunda xornada con novos obradoiros en streaming
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Galiciencia chega á súa segunda xornada con novos obradoiros en streaming

Redacción
Publicado: 10/12/2020
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

galiciencia_tecnopole_primaria2.jpgNa mañá deste xoves celebrouse en formato online (seguida a través de streaming por centos de seareiras/os da investigación científico-tecnolóxica de Primaria, Secundaria, FP e Bacharelato) a segunda xornada de Galiciencia, a maior feira científica da nosa terra, que chegou á súa 15ª edición e que se prolonga ata mañá. Durante o segundo día de actividades, estudantes de Primaria e máis de Secundaria afondaron nos ámbitos da innovación gastronómica e da electricidade. Puideron verse a través de Youtube e a través da web de Galiciencia Online.
Promovida polo Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole), a Galiciencia conta co apoio da Consellería de Economía a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN).
tecnopole_galiciencia_secundaria3.jpgEsta edición, que ten como lema A innovación do futuro, está a amosar aos máis novos cara a onde camiña a innovación. Como dixemos, ao longo da mañá desenvolvéronse varios obradoiros para alumnado de Primaria e Secundaria. Os de Primaria participaron na proposta Iluminando o mundo, unha serie de experiencias vencelladas coa electricidade, grazas ao material tecnolóxico que recibiron nos seus centros educativos. Así, puideron realizar circuítos eléctricos con elementos tan sinxelos como plastilina, pilas e luces LED. Afondaron no mundo da electricidade e coñeceron todo o que nos aporta na vida cotiá.
Para os alumnos de Secundaria organizáronse talleres co título Cociñando o futuro, destinados a ver a relación que existe entre a cociña e a ciencia, en particular coa rama da química. Fixeron algunha receita con moléculas e ata emularon a Ferrán Adrià; elaboraron un falso caviar, unha sobremesa que o cociñeiro argallou no seu restaurante El Bulli baseado na ciencia. Tamén cociñaron raviolis, para o que usaron agar-agar, un produto típico de laboratorio. Puideron realizar os experimentos e receitas de cociña grazas aos kits con materiais que recibiron de xeito gratuíto nos seus institutos.
Galiciencia continúa mañá venres con novos obradoiros prácticos para alumnos de Primaria e Secundaria e nos vindeiros días daranse a coñecer os proxectos gañadores desta edición.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?