Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O proxecto Galician Skyway achega innovadoras solucións á xestión do tráfico aéreo compartido
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O proxecto Galician Skyway achega innovadoras solucións á xestión do tráfico aéreo compartido

Redacción
Publicado: 10/12/2020
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

gain_patricia_argerey_galician_skyway.jpgA directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Patricia Argerey, participou no evento online de peche do proxecto Galician Skyway, no que a Xunta e a empresa Boeing Research & Technology Europe (BR&T-E) colaboraron no desenvolvemento de solucións tecnolóxicas para avanzar na xestión e seguridade do tráfico de drons en espazos aéreos compartidos. No evento interviñeron tamén representantes de Boeing como das distintas empresas e centros subcontratados para explicar os resultados técnicos.
Argerey salientou o “carácter estratéxico e pioneiro” deste proxecto para a industria aeroespacial galega e agradeceu a BR&T-E a súa contribución á visualización de Galicia como referente a nivel internacional no ámbito dos vehículos non tripulados.
A directora da axencia tamén destacou o papel despregado por Boeing como un dos principais socios da Xunta no Polo Aeroespacial de Galicia e apuntou que este proxecto marcará “un antes e un despois” no sector aeroespacial.
Tamén lembrou que o proxecto Galician Skyway, que se enmarca dentro do Polo Aeroespacial de Galicia e que rematou o pasado mes de setembro, supuxo un investimento mobilizado de 10,2 millóns de euros (co-financiado con fondos FEDER do programa operativo crecemento intelixente 2014-2020, POCInt) e a creación de 94 empregos. Na realización do mesmo participaron entidades como Enaire, o Inta ou o centro tecnolóxico Gradiant e empresas como Televés, Centum e Soticol.
Este proxecto incluíu o desenvolvemento de solucións a situacións clave no ámbito da xestión e seguridade do tráfico aéreo como a perda das ligazóns de comunicación coa estación base (Loss of Link); a incapacidade de detectar e evitar colisións (Loss of Separation); a perda de sinal procedente das infraestruturas de axuda á navegación e xeolocalización (Loss of GPS); a perda de impulso do motor (Loss of Engine); a perda de enerxía (Loss of Power); e a perda de control sobre o vehículo non tripulado (UAV) por actos de interferencias (Loss of Ownership).

Torre de Control do Aeródromo das Rozas
Torre de Control do Aeródromo das Rozas
As solucións desenvolvidas considéranse de gran relevancia para todo o sector aeroespacial porque, segundo apuntou a directora de GAIN, poderán integrarse no futuro en calquera aeronave non tripulada ou sistema para a súa xestión. Entre os fitos acadados polo proxecto Galician Skyway, Argerey recordou a instalación nas Rozas dun laboratorio de simulación de continxencias en voo para UAV, que “supón unha importante contribución ao equipamento do Centro de Investigación Aeroportada de Rozas (CIAR) e que fortalece a súa competitividade como infraestrutura científico-tecnolóxica para a I+D+i no ámbito dos vehículos aéreos non tripulados”.
Neste laboratorio despregouse unha infraestrutura de simulación para a realización de probas de diferentes solucións de Detect and Avoid (Detectar e Evitar). Asemade, levouse a cabo o primeiro desenvolvemento dun sistema de continxencias para UAV totalmente autónomo en voo que permite avaliar as alertas identificadas polos diferentes sistemas de continxencias de abordo e tomar a decisión máis axeitada segundo os criterios adoptados en cada caso seguindo diferentes requisitos de seguridade, operacionais ou de misión.
Así mesmo, desenvolveuse un sistema de navegación alternativo á navegación convencional con sinais GNSS (Global Navigation Satellite System); desenvolveuse unha infraestrutura HW/SW experimental facilmente adaptable a calquera dron que permite a toma simultánea e sincronizada de imaxes capturadas desde diferentes sensores de visión e sensores inerciais con alto grao de sincronización; propuxéronse para patente unha serie de ideas novas para a prevención e mitigación do risco ante unha continxencia que implique un descenso incontrolado, así como un protocolo de actuación; desenvolveuse unha metodoloxía de cálculo de traxectorias seguras para a aterraxe de emerxencia en UAV de á fixa en caso de perda de motor; e púxose en marcha unha nova solución ao problema da perda de comunicacións durante o voo que implica a integración de diferentes equipos embarcados e en terra.
Amais, colleu corpo un sistema de sincronización de mensaxes entre o UAV e a estación de terra, que “permite coñecer en todo momento a calidade do sinal e replicar a toma de decisións da aeronave en terra baixo diferentes circunstancias de continxencia, acoutando en todo momento a incerteza”.
Por último, definiuse unha nova interface cun sistema de control de tráfico proporcionado por Enaire, entidade pública empresarial que xestiona a navegación aérea en España, para proporcionar datos de continxencia en voo aos controladores.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?